Skip to Content

MALIBÚ, a cadela da "Casa Grande de Xanceda" visita o noso colexio.

Hoxe e mañá teremos no centro a visita especial de Malibú, unha cadeliña que foi acollida despois de ser abandonada, que visita os centros educativos coa súa propietaria Adriana para dar unha charla sobre o acollemento de animais e o maltrato animal.

Esta actividade está incluída nun proxecto do alumnado de 5º B "Protexe os animais" en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dentro do plan PROXECTA.



story | by Dr. Radut