O conto de Valores podedes lelo incluso os de Reli (se vos apetece) xa que o venres imos facer unha actividade relacionada co protagonista da historia.
Déixovos adxunta unha lectura. É unha fábula marabillosa con ensinanza incluída.
Lembrades o que era unha fábula? É un relato breve de ficción (historia inventada) con animais como personaxes e que contén unha ensinanza moral (valores).
Cando acabedes de ler o conto, podedes facer animaliños de papel.
Como debuxar animais coas mans:
Como facer animaliños de papel.
Lembrade, sempre que poidades empregade material reciclado.
Agardo as vosas fotografías!!!
Eu vou facer un tamén! Ao que me envíe lle ensino o meu.
Podedes facer os Kahoots todas as veces que quirades. Así mirades de mellorar a puntuación anterior. De feito, se ademais de acertar respondedes rápido, dávos máis puntos.
Como xa algún compañeiro me dixo que lle gustaron, crearei máis este trimestre.
O recuncho favorito de Adela é... o piso de arriba da súa casa.
Trátase dun lugar especial, agochado detrás dunha planta grande a carón do seu cuarto. Puxo no chan mantas e coxíns, e cóntanos que se esta moi ben.
Este recuncho é especial para ela porque lle gusta deitarse e ler libros. Agora está lendo un de Junie B. Jones que é moi divertido. Onte os seus pais a deixaron durmir alí e pasouno ben.