Bo día e boa semana meus reis / miñas raíñas!
Comeza unha nova semana. É unha semana especial porque é a semana da Familia. O venres celébrase o dia da Familia, por iso estivemos a facer actividades relacionadas coa este tema (lecturas, debuxos, árbore xenealóxica...). Aínda estades a tempo de mandar os vosos traballos os/as que faltades.
Este é o menú de hoxe:
EDUCACIÓN FÍSICA:
Lembrádevos de consultar as propostas da profe Bego no seu espazo web.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarrantes/?q=taxonomy/term/43
RELIXIÓN:
A profe Mari Luz propuxo unhas actividades sobre a Familia que vos deixa no PDF adxunto. Non é de obriga facelas todas. Podedes facer as que vos apeteza, Animádevos a facer algunha.
MÚSICA:
O profe Iván deixou un PDF con tarefas.
VALORES:
Vos deixamos aquí un libro en PDF chulísimo para ler. Chámase EN FAMILIA e ten unhas ilustracións... PRECIOSAS!
Pídovos por favor que o leades e me mandedes unha mensaxe escrita (non ten por que ser moi longa) sobre o que significa para vós a Familia. Que sentides cando estades en familia? Que vos gusta da vosa familia? De que color vedes a vosa familia? Como describiriades a vosa familia? Sentídevos libres de escribir o que vos apeteza. AGARDO AS VOSAS MENSAXES!!!
Saudiños!!! E ánimo!
Cada vez nos permiten facer máis cousas e estou seguro de que estades a actuar con responsabilidade.