Bo día, historiadores e historiadoras!
No menú do día de hoxe temos CS e INGLÉS.
INGLÉS:
Lembrade consultar o blog de Tamara:
https://tamarasclass.wordpress.com/unit-4/
CS:
Esta semana imos averiguar cousiñas sobre as persoas se dedican a investigar o pasado e os acontecementos que ocorreron no pasado. Estas persoas chámanse historiadores e historiadoras.
Ademais... Imos aprender como son capaces os historiadores e historiadoras de saber o que ocorreu no pasado porque, como xa sabedes, hai miles de anos non existían cámaras coas que gravar o que ocorría. Entón... como sabemos o que ocorreu hai moitos anos? Pois os historiadores axúdanse das fontes históricas que lles axudan a saber que ocorreu no pasado.
Todo isto o podedes ver neste vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=51OO5kyufSM
Despois de ver o vídeo podedes ler a información que aporta o libro de texto e facer un par de actividades.
Ao rematar tendes un xogos de repaso.
Ánimo, chicos e chicas!