Skip to Content

Música

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2020 !

Chegadas estas datas toca festexar o fin de curso, se ben é certo que a maioría de nos temos sentimentos encontrados por mor desta última etapa escolar tan atípica que nos tocou vivir. Queremos comezar esta nova normalidade cun pequeno agasallo que de seguro que a máis de un/unha lle provoca un fermoso sorriso! Agardamos con ilusión que veñan tempos mellores e poidamos celebralo tod@s xunt@s no cole como acostumábamos a facer... mentres tanto disfrutade coa vídeo-montaxe tan chula que traemos para vos! Moitas grazas por facelo posíbel e vémonos a volta.

Coidadevos moito!!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 Podedes visualizar ou ben descargar o vídeo nos seguintes enlaces:

OBRADOIRO DE DOBLAXE (EDUCACIÓN MUSICAL)

Bo día a tod@s! Hoxe queremos compartir con vos o fantástico traballo que realizaron os alumnos e alumnas do centro na tarefa da pasada semana en Educación Musical. Dímoslle voz a unha secuencia animada da que seguro que recoñecedes os personaxes! Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración! Agardamos que vos guste e pasedes un bo rato; paga a pena escoitalo :)

 

 
Se tedes dificultades para visualizar o vídeo. podédelo descargar clicando no seguinte enlace:

POEMA MUSICAL LETRAS GALEGAS 2020

Bo día a tod@s! Nesta data tan sinalada, queremos compartir con vos o traballo que fixo o alumnado do cole para festexar o Día das Letras Galegas. Trátase dun poema musical que toma a letra dunha cantiga de berce escrita por Ricardo Carvalho Calero, na súa obra "O Fillo". Iso sí, cada quen escolle o ritmo e a maneira de contalo... xa veredes!

Agardamos que vos guste, e moitas gracias a tod@s por participar unha vez máis!

 

EMOCIONARIO EDUCACIÓN MUSICAL

De seguido podedes atopar o vídeo que se realizou con todas as imaxes que foron aportadas polo alumnado dos diferentes cursos do centro, para a tarefa de Educación Musical da semana pasada, o EMOCIONARIO. Moitas gracias a tod@s pola vosa iniciativa e participación; esperamos que vos guste !

 

VÍDEO RECOPILATORIO DE MÚSICA (Semana 1)

De seguido podedes botarlle un ollo ó vídeo que se fixo grazas a todas as pequenas aportacións dos diferentes cursos do centro, ao longo da pasada semana na disciplina de Educación Musical. Agardamos que pasedes un bo rato, e convidámosvos a non deixar de mandar máis vídeos na propostas que irán chegando!

Podedes acceder tamén a través do seguinte enlace:

VÍDEO

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN MUSICAL 3º TRIMESTRE

Bo día a tod@s! Para este terceiro trimestre, modificaremos a forma de publicar as actividades da materia, coa finalidade de facilitar as familias a procura de información. Deste xeito, o alumnado de cada curso será informado semanalmente das tarefas de Educación Musical mediante o seu mestre titor, empregando as canles que xa se adoitaban usar neste senso. O obxectivo é evitar a consulta de información en múltiples plataformas e unificar así o plan de traballo. 

Educación Primaria:

  • Os cursos de  e 4º recibirán as novas da man do seu mestre titor.
  • Os cursos de  e  empregarán a plataforma EDIXGAL, con comunicación directa co mestre de música a través da materia de Educación Musical.

Educación Infantil:

  • Os cursos de educación infantil recibirán as novas da man da súa mestra titora. 

O formato das tarefas será online, empregando a aplicación de cuestionarios de Google ("Google Forms"), que poderedes complementar e enviar de forma sinxela empregando calquera tipo de dispositivo electrónico con conexión a internet (tablet, móbil, ordenador,etc). En cada actividade teredes unha descripción da mesma coas súas instruccións.

De todos modos podedes realizar calqueira dúbida ou consulta no enderezo de correo ivansuarezprada@edu.xunta.es e tenterei responder o máis pronto posíbel.

Graciñas!

RECURSOS EDUCACIÓN MUSICAL III (Terceira semana)

Nova batería de recursos didácticos para empregar no fogar.

Educación Infantil:

A música clásica semella pouco divertida nun principio, pero a través de vídeo-contos pode ser unha ferramenta moi útil para que os máis peques coñezan este xénero musical.  De seguido achégase unha plataforma con multitude de obras clásicas dos autores máis recoñecidos dende unha perspectiva diferente.

Enlace: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/audiciones-clasicas

  

Educación Primaria:

Hoxe imos dedicar algo de tempo a repasar algúns conceptos xa aprendidos, neste caso ímonos deter nas familias de instrumentos musicais. Aínda que seguramente xa sexades especialistas, cómpre lembrar cáles son para poder facer as actividades despois. Aquí vai o vídeo:

 

Agora sí, é momento de por a proba todo o que sabemos! Nas seguintes ligazóns atoparedes diferentes xogos de memoria para clasificar os instrumentos por familias. E por suposto pódese facer en familia!

Vento: https://aprendomusica.com/const2/24memoryviento/memoryviento.html

Percusión: https://aprendomusica.com/const2/23memorypercu/memorypercu.html

Corda: https://aprendomusica.com/const2/25memorycuerda/memorycuerda.html

 

Nos vos esquezades de practicar tamén algo de ritmo para manternos en forma; de seguido amósanse varios xogos de ditados rítmicos que podedes realizar online!

1º e 2º https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

3º e 4º https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

5º e 6º https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html

 

Calqueira consulta ou dúbida podédela facer ao enderezo ivansuarezprada@edu.xunta.es

Nuns días volveremos a actualizar a páxina con máis propostas. Estade atent@s!

 

RECURSOS EDUCACIÓN MUSICAL II (Segunda semana)

De seguido amósase unha nova batería de recursos educativos no ámbito da Educación Musical que podedes empregar nas vosas casas.

Educación Infantil:

Sen dúbida lembrarán dúas coreografías traballadas no cole, a modo de repaso e aptas para bailar toda a familia!

Ademáis tamén é interesante traballar a discriminación auditiva nos máis peques, especialmente de forma interactiva con sons da súa contorna. Podedes facer unha proba no seguinte xogo, escollendo instrumentos musicais, animais, obxectos ou un pouco de todo! 

Aquí tedes o enlace:  https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca  (No apartado de sonidos).

 Educación Primaria:

Podedes atopar fichas novas como documentos adxuntos, clasificadas por cursos. 

Tamén recomendar un xogo moi entretido para repasar a colocación das notas no pentagrama, "O Cazanotas". Para xogar temos que arrastrar a imaxe da nota correspondente ata comer a boliña (antes de que chegue o final). Atréveste a intentalo? 

Enlace: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/126-cazanotas

Unha pista, a imaxe coa correspondencia entre o nome das notas e os debuxos.

Calqueira consulta ou dúbida podédela facer ao enderezo ivansuarezprada@edu.xunta.es

Nuns días volveremos a actualizar a páxina con máis propostas. Estade atent@s!

Concerto Didáctico 8M- Día da Muller

A continuación deixámosvos un vídeo que recolle algúns dos intres musicais que tivemos o pracer de compartir no centro o pasado luns, en conmemoración ao Día da Muller do 8 de Marzo. O grupo que o fixo posíbel foi Acordeireta, e cómpre dar as gracias de novo a Patri, Álex, Isa e Olivia pola súa dedicación. Lembrar tamén que este acontecemento estivo relacionado co proxecto "As nosas mulleres", levado a cabo no cole e que podedes consultar no seguinte enderezo: https://falamosbarrantes.blogspot.com/2020/03/as-nosas-mulleres.html

RECURSOS EDUCACIÓN MUSICAL

A continuación, e con motivo do peche do centro durante as vindeiras semanas, achéganse algunhas propostas educativas relacionadas coa disciplina de Educación Musical, así como referencias de páxinas web de onde poder descargar recursos didácticos de forma sinxela.

 

Educación Infantil:

Dende a páxina web de “Musicaeduca”, temos aceso directo a contidos gratuítos moi interesantes para os máis pequenos. Estes materiais inclúen cancións, bailes, xogos auditivos e inclusive fichas para colorear.

Enlace web: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula

 

Educación Primaria:

Dispoñíbeis en adxunto unha serie de fichas relacionadas co traballo de clase, clasificadas por cursos. Ademais, cómpre visitar as seguintes páxinas na procura de materiais didácticos que amenicen o tempo de lecer.

Xogos para tódolos niveis. Enlace web: https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos

Calquera consulta poderase realizar a través do correo electrónico: ivansuarezprada@edu.xunta.gal

Responderei coa maior brevedade posíbel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut