Skip to Content

Primaria

ENTROIDO 2013


ENTROIDO CHOQUEIRO


Este ano a "Ventoleira de choqueiros " chegou a Barrantes da man das filloas, orellas  e de postres riquísimos que fixeron as nosas familias. Quisemos recuperar unha tradición popular na que hai anos  a xente disfrazábase con roupa vella ou empregaba a de sexo contrario. E os molinillos de vento encheron de cores este entroidiño ventoleiro...

PAULINO ESTIVO EN ITALIA

PAULINO ESTIVO EN ITALIA

Paulino estivo en Italia e dende a biblioteca nos suxeriron que investigaramos cousiñas de Italia; así que cada clase aportou un pouquiño e entre todos aprendemos moitas cousiñas sobre este país. Gracias Paulino por compartir con nós esta fermosa viaxe...a onde nos levarás despois?

XA CHEGOU O NADAL

XA CHEGOU O NADAL A ESCOLA DE BARRANTES

E con ánimo de festa, chegou a Nadal,...entre brincos e panxoliñas; entre poesías e cantigas...imos todos dar un brinco ben grande para celebrar que por un ano máis os sorrisos nos acompañan de novo...Bo Nadal e ventureiro Aninovo 2013, que xa está chamando á porta. Pois adiante!....

FIXEMOS PASTA DE VERDURAS

O SAQUIÑO VERDETania ensinanos a facer pasta de verduras da horta


Dentro do saquiño verde, hoxe 30 de novembro de 2012 tiñamos unha proposta de Tania para ensinarnos a facer pasta con as verduras da horta ( cenoriasremolacha, e espinacas); tamén a fixemos de ovo.
Vimos os productos da horta en outono e inverno e analizamos os beneficios da horta ecolóxica e os seus beneficios.

Gracias Tania, porque aprendimos moitas cousiñas que nos van ser moi útiles fóra da escola e que podemos ensinar nós mismos aos demáis.

Distribuir contido


by Dr. Radut