Skip to Content

Mércores 17/06/2020 / Xoves 18/06/2020 - CS, CN e INGLÉS

Bo día, pequerrechos e pequerrechas!

Hoxe o tema vai de civilizacións e trebellos... Agora vos conto!

Lembrade primeiro consultar o blog de Tamara por se puxo algunha actividade:

 

INGLÉS:

https://tamarasclass.wordpress.com/unit-4/

 

CS / CN:

Para hoxe e mañá déixovos unha actividade para ambas ciencias.

Fágovos unha pregunta...

Algunha vez vos preguntastes como, hai miles de anos (na Idade Antiga) os exipcios, os gregos e os romanos lograron construír os seus edificios con esas grandes rochas sen dispoñer da tecnoloxía que temos hoxe en día na nosa Idade Contemporánea?

 

CIVILIZACIÓN EXIPCIA

Pirámides

 

CIVILIZACIÓN GREGA

Templos

 

CIVILIZACIÓN ROMANA

Edificios

 

Pois ídelo descubrir con este vídeo que vos gravei:

https://www.youtube.com/watch?v=03CYZ9oe3PY

Despois de ver o vídeo podedes intentar facer vós algún deses trebellos. Precisaredes unha caixa de cartón, paus de brocheta, un anaquiño de corda e cola branca.

Trátase dunha tarefa voluntaria pero se a facedes faime moita ilusión ver os vosos inventos.

Aquí vos deixo outro vídeo de exemplo:

https://www.youtube.com/watch?v=VNyJ6X_Qnzg&t=6s

Gozádeo!

Saúdos.

O profe Adrián.



page | by Dr. Radut