Skip to Content

Cambio no lugar onde se celebrará a Carreira Solidaria.

A carreira solidaria que se vai a celebrar mañá, para recadar fondos contra a leucemia infantil, levarase a cabo finalmente no propio colexio, non na Plaza do Seixo, como se ía a facer inicialmente. Os motivos do cambio son alleos ao Centro, que presentou a solicitude pertinente e a documentación precisa para poder levala a cabo. Aínda así denegase a autorización para facer a "carreira solidaria" polas rúas do Concello.

Animádevos a participar na Carreira solidaria!

O vindeiro xoves 21 levarase a cabo a Carreira Solidaria que o CEIP Barrantes organiza para acadar fondos contra a leucemia infantil.

Todas as aportacións son voluntarias e serán entregadas á Fundación “Uno entre cien mil”.

Nais, veciñas, amigas… estades todas e todos convidados a correr e a andar con nós.

Nós xa estamos preparadxs, e ti?

25 de novembro

O pasado día 25N, co gallo do Día internacional contra a violencia de xénero, programamos un concurso de debuxo que empregamos de selo para estampar nas chapas que todo o alumnado, e claustro, levou para a súa casa. Pasámolo xenial e inculcamos valores as nosas/os cativos.
 
 
 

"Moito maxín no Samaín"

O pasado martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín no CEIP Barrantes, a data máis aterradora do ano. O alumnado e as súas familias participaron nunha exposición de vasoiras chea de maxia que de seguro fixo as delicias de bruxas e feiticeiros.

Ese mesmo día, realizáronse uns obradoiros de peiteado e maquillaxe nos que o alumnado transformouse. Para isto, tivemos a fantástica colaboración de todos os mestres e mestras, e coa axuda do alumnado de quinto e sexto de primaria.

Unha vez caracterizamos de xeito arrepiante contamos cunha sesión de música e baile na que para entrar elaboramos un "caldo de ósos", botando cada alumno/a un óso no que estaban escritas diferentes palabras en galego das que o alumnado buscara previamente información coa axuda das familias.

Pasámolo terrorificamente ben!

  

SOMOS UN COLE ENTRE CIEN MIL

Comprácenos anunciarvos que o CEIP Barrantes xa forma parte de @unoentrecienmil.

Trátase dunha Fundación que busca recursos para colaborar coa leucemia infantil.

Despois de case 3000 centros de toda España, o CEIP Barrantes xa é un máis.

 

Anímaste? Propomos unha "carreira solidaria" o vindeiro 21 de decembro.

 

Iremos informando con máis detalle, pero polo de agora podedes ir entrenando, nais, pais, irmáns, veciñas…

24 de OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo do Día das Bibliotecas onte realizamos a apertura da biblioteca do centro para o curso escolar 23-24. Para conmemoralo contamos co ilustrador Iago Araújo, que impartiu varios obradoiros sobre a creación de personaxes. O alumnado dende infantil a 6º de primaria pasouno xenial na actividade.

Magosto 2023-2024

O pasado venres, 20 de outubro, celebramos o Magosto en Barrantes con outra edición de xogos populares. A choiva non foi excusa para celebrar esta festa que tanto nos gusta; deste xeito e en dúas quendas realizamos cinco xogos no pavillón de Barrantes nos que os compañeiros e compañeiras de 6º exerceron de monitores. Xogamos a carreiras de sacos, relevos de castañas con culler, o pano, os aros musicais e a rá. Despois de abrir apetito xogando chegou a hora de degustar as castañas, momento que foi moi especial por poder compartilo coas familias. Como nos gustan as castañas e que ben o pasamos!

 

Solicitude de praza de comedor 23-24

Revista do VI certame literario

Un ano máis celebramos o VI Certame literario no centro por mor das Letras Galegas.

Con tódalas obras recollidas do alumnado participante elaborouse unha revista chamada "O Grial de Clara", podedes consultala facendo click aquí:

 

O GRiAL DE CLARA

 

 

Obradoiro baile galego

O martes 16 de maio, por mor da Semana das Letras Galegas, contamos cun obradoiro de baile galego no que participou todo o centro grazas a Artur Puga (un dos bailaríns que acompañou ás Tanxugueiras no Benidorm fest).
Divertímonos e aprendemos un montón!!
obradoiro baile galego
Distribuir contido


by Dr. Radut