Skip to Content

1º e 2º de Primaria

Ciencias sociais. Experimentación. 1º, 2º e 3º

Vamos a intentar lembrar dous experimentos realizados na aula (un deles rematado e outro quedou a medias).

1. Ciclo da auga

  

Como vedes, non é máis que unha bolsa plástica de alimentación e auga con colorante azul. Na clase fixemos o debuxo para que fose máis bonito e tinguimos a auga polo mesmo fin, pero o experimento sae igual sen debuxar a bolsa e sen pintar a auga. Así, se colgamos a bolsa na fiestra (importante que de o Sol), observaremos co paso dos días o ciclo da auga.

 

2. Canto tardan en degradarse o papel e as toalliñas húmidas na auga?

Este obradoiro quedou a medias, pero xa o fixeran coa profe Araceli. Así que podedes probar a ver se conseguides obter resultados antes de que volvamos ó cole despois do parón. Metemos nun recipiento auga cun trozo de papel e noutro recipiente auga cunha toalliña húmida. Rexistramos o día e hora no que realizamos o experimento e esperamos a ver canto tempo tardaría en degradarse cada unha no líquido elemento.

 

3. Realizamos unha depuradora. (Este quedou pendiente de realizar, pero se vos apetece podedes probar nas vosas casas e xa me contaredes).

Necesitamos:

- Unha botella plástica.

- Pedras medianas.

- Pedras pequenas.

- Grava fina ou pedras super pequenas.

- Area.

- Restos de follas.

Procedemento:

1. Montamos a depuradora tal que así.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2. Ensuciamos a auga cada un como queirades.

3. Probamos se a nosa depuradora funciona.

 

ACTIVIDADE.

1. Realizamos algún dous experimentos, dous deles ou todos.

2. Facemos un rexistro cun texto instructivo (debe incluír título do experimento, materiais a empregar e procedemento a seguir).

3. Realizamos un vídeo coas conclusións dos mesmos (podemos compartirlos posteriormente entre tod@s).

 

OUTRA POSIBILIDADE: Podedes investigar outros experimentos coa auga, repetir os pasos anteriores e compartilo con nós. Así, podemos crear un libro recopilando todos eles cando acabe todo este parón. Que vos parece?

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut