Skip to Content

Actividades curso 2015/2016

Letras galegas

O mes de Maio veu cargado de celebracións e conmemoracións como foi o Día das Letras galegas. Así, desde a Biblioteca do Centro, así como o Departamento de Educación Física e o Concello de Cerdido promovéronse diversas actividades como:

XOGOS POPULARES

                   

 

              

 

ALFOMBRA FLORAL DE CARLOS CASARES (AUTOR HOMENAXEADO NO 2017)

           

 

 

GHAZAFELLOS

          

Día da Paz (29.01.2016)

 

No noso cole estamos convencidos de que a paz se ten que celebrar todos os días do ano, pero non puidemos deixar pasar o día sen festexalo!

Decidimos nesta ocasión cantar e bailar pola paz!!

 

Nadal 2015

 

 

 

Aproxímase o Nadal... que emoción!!

No CEIP da Barqueira arricamos estas datas, coma sempre, co noso concurso de postais de Nadal.

Tras un reñido proceso de votacións aquí tendes aos tres gañador@s.

Parabéns a todos el@s, pero especialmente a Anxo, cuxa postal, que acadou o maior número de votos, será a que empreguemos para felicitar as festas a tod@s os nosos coñecid@s.

   

 

Pero chegou o tan desexado día!! Os reis viñeron ao cole a recoller as nosas cartas...

   

 

E agora vos preguntaredes que facemos con estas pintas... Pois moi sinxelo!

Este ano decidimos facer un musical para despedir o ano, poñernos na pel de John Travolta, Olivia Newton John e toda a súa panda, e rematar o 2015 con moita marcha!

Pero non soamente iso, tomámolo moi en serio, tivemos taquilla, entradas reais, acomodadoras, panfletos de man, un vestiario e docorado de excepción, un público moi entregado... un éxito rotundo!

 

   


 

Aos Reis Magos gustoulles tanto que nos deixaron un agasallo por adiantado!! Graciñas maxestades!!

   

 

 

 

As mil e unha noites (11.12.2015)

 

Unha vez máis nos viñeron visitar os Ghazafelhos, esta vez para contarnos a súa versión da historia das mil e unha noites...

Esta compañía nunca defrauda e coma sempre, escachamos coa risa... ata ter maniotas!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que entendades do que falamos.

 

   

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut