Skip to Content

Reserva de praza para ó alumnado que continúa os seus estudos no IES Punta Candieira no 18/19.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Punta Candieira (Cedeira) deberá cumprimentar o Anexo I da Orde do 25 de Xaneiro de 2017 e entregalo neste centro ata o 15 de Febreiro. Envío o documento correspondente aínda que tamén dispoñedes del no centro e na seguinte dirección  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113.

O obxecto deste procedemento é o de reservar praza no IES adscrito ao noso centro, facendo prevalecer a  prioridade do noso alumnado na admisión. Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido nese centro (mes de Maio), dita reserva terá carácter vinculante, co cal non se poderá solicitar a admisión noutro centro sen renunciar expresamente e por escrito a primeira reserva.

O conseguinte procedemento de formalización de matrícula, realizarase no centro de destino (IES Candieiras) a finais do mes de Xuño e principios de Xullo, na forma que alí indiquen.

Calquera dúbida ao respecto atenderase na dirección do centro.



book | by Dr. Radut