Skip to Content

Día mundial da saúde. (07 - 04- 2017)

O Día Mundial da Saúde celébrase todos os anos o 7 de Abril para conmemorar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde en 1948. Así, cada ano elíxese para esta data un tema que pon de relieve unha parte de interese prioritario para á OMS. O tema da campaña para o ano 2017 é a depresión, unha enfermidade que afecta a persoas de todas as idades e condicións sociais e de todos os países. 

Porén, desde o noso centro, quixemos facer fincapé en todos os grandes ámbitos que configuran a saúde como son a hixene persoal, a alimentación, o exercicio físico e o descanso.

Así, durante todo a semana e, grazas ó Concello de Cerdido, realizamos uns obradoiros relacionados sobre a importancia de lavar ben as mans antes de comer ou cepillar os dentes despois de cada comida. Igualmente, aportáronnos unas recomendacións básicas sobre como levar a cabo unha alimentación equilibrada.

Neste sentido, estas actividades alongáronse ata o Venres día 7, o Día Mundial da Saúde, e as cales ocuparon a primeira parte da mañá. Xa de volta do recreo, realizamos entre todos un postre saúdable que desgustaríamos posteriormente durante a comida do comedor. Á verdade é que o traballo en equipo e as gañas que tiñamos de ser cociñeiros por un día, fixeron que puidesemos comer unha macedonia...¡¡¡RIQUÍSIMA!!!Canso

Coas pilas cargadas de enerxía grazas a tanta froita, realizamos a I carreira saúdable do CEIP da Barqueira, na que todos resultamos gañadores. Despois de colocar os nosos dorsais, puxémonos na liña de saída e realizamos una actuación digna dos atletas de élite. Velaquí algunha proba: 

 

Ademáis, como bos deportistas que somos, estiramos moi ben os nosos músculos antes e despois de correr, enfatizando a importancia dunha adecuada volta á calma para a nosa saúde. ¡¡¡Qué ben o pasamos!!!!

Esperamos repetir algunha vez máis a experiencia. Risa

    

  

 



book | by Dr. Radut