VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

No segundo trimestre estivemos a ler o conto "O cociñeiro Martiño" e hoxe, os alumnos e alumnas de 2º de Educación primaria, tivemos unha visita moi especial, o escritor Iago López.

Chegou cunha caixa misteriosa á clase e díxonnos que nos ía contar un conto... Non máis comezar ao escoitalo soubemos que se trataba do "Cociñeiro Martiño" e moi atentos iamos vendo como o conto cobraba vida e, incluso, algúns dos nosos compañeiros formaban parte del.

Despois con moita paciencia respondeu as nosas dúbidas.

A verdade é que foi unha experiencia estupenda e moi divertida.

Grazas Iago López!!

   

Back to top