Skip to Content

pegadas da historia

MATERIAIS PARA O ALUMNADO E O PROFESORADO.

Proxecto: Tralas pegadas da historia.

Presentámosvos unha presentación cunha serie de vídeos e enlaces sobre o proxecto.

 

 

Aquí tendes unha serie de materiais para traballar na aula. Para acceder a eles pincha AQUÍ.

 

 

PLAMBE: "TRALAS PEGADAS DA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO"

"TRALAS PEGADAS DA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO"

Así se chama o noso primeiro proxecto dentro do Plan de mellora das bibliotecas escolares de Galicia, do cal formamos parte dende este curso 2017-18.

Traballamos como primeira actividade: A prehistoria.

Ademáis de recoller numerosa información o alumnado fixo lecturas compartidas sobre un relato, onde se recollía a lenda dos Mouros e as Mouras. Habitantes mitolóxicos que se dicen habitan nos dolmens e os castros.

Ademáis fixemos unha andaina ao dolmen de Pedra da Arca, un dos máis grandes de Galicia, con unha pedra horizontal de 15 toneladas de peso. Alí esperábanos unha "Moura"! que nos ensinou moitas cousas sobre este sitio no que vivía...

Na clase seguimos investigando sobre a prehistoria e construímos réplicas do dolmen de Pedra da Arca.

Tamén o alumnado de 1º e 2º construiu unha réplica dunha cova prehistórica.

 

Traslas pegadas da historia 2 (PLAMBE)

Traslas pegadas da historia 1 (PLAMBE)

Distribuir contido


by Dr. Radut