Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23

O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscripción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos no curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible da presentación.

Poden descargarse os impresos accedendo á sua web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio Centro a partir do 3 de marzo.

Ver adxunto.

Atentamente, 

A dirección.

AdxuntoTamaño
Admision de alumnos curso 2022-23.pdf39.87 KB

23 F DÍA DE ROSALÍA 2022

Ola, comunidade educativa do CEIP Baíñas!!

Nesta semana, ademáis do Entroido, celebramos o Día do nacemento de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro.

Fixemos uns vídeos recitando e cantando algúns dos seus poemas, utilizando a técnica do "Croma" ou fondo verde.

Agardamos que vos gusten, desfrutádeos! 

 

 

AdxuntoTamaño
rosalia_inf.m4v4.52 MB
rosalia_1_2.m4v13.48 MB
rosalia3_4.m4v13.54 MB
rosalia_5.m4v26.06 MB
rosalia_6.m4v18.44 MB

GUÍA DE LECTURA NADAL 2021

A/A do alumnado e familias:

Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!

Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.

Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!

 

AdxuntoTamaño
Guía Lectura CEIP Baíñas. Nadal 2021 copia para impr..pdf1.03 MB
Distribuir contido


by Dr. Radut