Skip to Content

SAÍDA A VIMIANZO: O CASTRO DAS BARREIRAS E AO CASTELO DE VIMIANZO

Aprobeitando que o 19 de abril celebramos o día dos monumentos e dos sitios fixemos unha saída a Vimianzo para visitar dous dos seus monumentos máis representativos: O castro das Barreiras e o Castelo de Vimianzo.

No primeiro aprendemos moito co que nos contou o arqueólogo que dirixe a excavación do Castro: Tito Concheiro. Qué eran os castros, a qué se adicaban os castrexos, como era a súa vestimenta, a orfebrería, a cerámica, a súa alimentación... e tamén algunhas das primeiras fases dunha excavación arqueolóxica. 

No Castelo de Vimianzo, Manuel Rial, un dos técnicos do concello, fíxonos de guías, e falounos de para qué servían os castelos, como era a vida naquela época, como se chamaban e para qué servían as distintas partes dun castelo, e tamén nos contou quenes foran as familias e os antigos propietarios do castelo: Os mariño, os Moscoso, Os Lara..., e tamén que o último propietario foi Evaristo Martelo, aristócrata e poeta, ademáis era tío de Castelao. 

Dende o Centro queremos agradecer a Marta, a concelleira de cultura, a Tito Concheiro, por acollernos tan ben e animarnos a ser "Os gardiansdo Casto", e en especial a Adriana a Manuel Rial, os técnicos do concello,  que nos organizaron as actividades e a visita. Ata a próxima e MOITAS GRAZAS!

 

No Centro fixemos unha reproducción en barro e outros materiais do castro e outra en cartón do castelo de Vimianzo.



page | by Dr. Radut