Skip to Content

EXCURSIÓN E OBRADOIROS EN "LANSBRICA" (SAN CIBRAO DE LAS)

Como continuación ao noso proxecto sobre a historia e o patrimonio fixemos unha excursión a "Lansbrica" (San Cibrao de Las, Ourense) Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.

Con "J" o arqueólogo xefe e con todo o persoal que atende este sitio, o alumnado aprendeu moitas cousas sobre a cultura dos castros e tamén cómo foi a romanización desta zona.

Ademáis da visita guiada ao museo e ao castro, realizáronse dous obradoiros: un de arqueoloxía e outro de técnicas de caza. O noso agradecemento a todo o persoal de "Lansbrica". Foi unha moi bóa e proveitosa experiencia.



page | by Dr. Radut