MELLORANDO A AUTOESTIMA

 

 

CEIP “BAÍÑAS”- D. ORIENTACIÓN15127 Vimianzo-A Coruña

Tlfno. 881 96 00 10-11-12

E- mail:ceip.bainas@edu.xunta.es

FOLLETO PARA AS FAMILIAS:

 

MELLOREMOS A SÚA AUTOESTIMA

 

A autoestima pode entenderse como unha opinión xeral que unha persoa ten sobre si mesmo. Trátase dun xuízo sobre un mesmo, á vez que unha actitude sobre un mesmo.

A FAMILIA é un lugar onde o neno/a é querido e valorado tal e como é. Dende que é un bebé, recibe sensacións de valor. Os/As pais/nais, xogan un papel importante na creación dunha sólida e positiva percepción do neno/a sobre si mesmo.

Toda percepción e concepto que tes sobre ti mesmo, forma parte dun proceso de desenvolvemento. Este proceso comeza cando es un neno/a, e vaise construír ó longo de toda a túa vida.

É importante que ese proceso comece na infancia. Por iso, debedes ofrecerlle o voso fillo/a experiencias que lle permitan crear un sentido positivo de si mesmo.

Existen distintos exercicios e dinámicas, que de xeito sinxelo, tanto na escola como na familia se poden levar a cabo para facilitar o desenvolvemento dunha autoestima positiva:

  • Emprega frecuentemente “por favor” e “grazas”

Moitas veces omitimos agradecementos os nenos/as, pensando que non o valoran como tal. É que de forma inconsciente, a acción sen ser agradecida, pode pasar desapercibida, quitándolle valor/importancia.

Por outro lado, cando pides “por favor” algo a alguén, transmíteslle respecto, facendo sentir que ten valor, reforzando así a súa autoestima.

  • Pregunta e escoita con atención

Que dúbida cabe, que o diálogo cos nenos/as é fundamental, e igual de importante, é mostrar interese sobre eles. Polo que, ademais das preguntas “triviais” como “tes frío?”, “tes fame?”, debemos facer preguntas que vaian máis aló, obrigándoos a describir sensacións e pensamentos.

Preguntas como: “que foi o que máis che gustou do que fixeches/aprendiches hoxe na escola?” “estiveches triste/enfadado no cole?”...

É importante que cando contexte escoites con atención, evitando interrompelo/la e deixando de lado distractores (televisión, teléfono, periódico...) para que perciba que o que vai a dicir é importante para ti, e que o estás a valorar.

Nunca interrompas a súa conversa por atender ó móbil. O que o teu fillo/a che conta, é máis importante, e ese mensaxe é o que lle tes que transmitir.

  • Asígnalle tarefas concretas

É interesante que cada semana, lle asignes o teu fillo/a unha tarefa concreta (esta semana tes que gardar os xoguetes no seu sitio” “esta semana tes que facer so/soa a cama” “poñer a mesa sen axuda”... (todo dependendo da idade).

Pode ser un exemplo sinxelo, pero estás a darlle unha responsabilidade, e o feito de que o/a fagas partícipe, de que teña “unha misión que superar”cada semana, estáslle a transmitir, que cres nel/nela, e que pode facelo.

Esa confianza que depositas no teu fillo/a, fará que sinta o compromiso de responder fronte a ela. Ademais de ter un obxectivo a lograr, terá un deber “moral” que cumprir.

  • Destacamos o positivo e melloramos o negativo.

Todos os nenos e nenas, incluíndo os vosos/as fillos e fillas, teñen defectos e virtudes, trazos da súa personalidade que che gustan máis ou menos.

Cando o bo se pon de manifesto, non perdas a oportunidade de expresarlle o teu orgullo “que ben fixeches a cama”, “ estou moi orgulloso/a de ti”...

Pola contra, non podemos obviar ó negativo, pero debemos dicilo dunha maneira positiva, dándolle unha segunda oportunidade, e guiándoo a unha boa conduta. (“seguro que si o volves a intentar, faralo mellor”, “ti podes”...).

 

A autoestima é coñecerse a si mesmo, con virtudes e defectos, e ter confianza na propia capacidade para superar dificultades.