Iniciar sesión: Acceso

A Biblioteca informa

"Día das bibliotecas escolares"

SERAFINA CÓNTANOS QUE HOXE, 24 DE OUTUBRO, CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

 

 Dende 1997, celébrase este día o 24 de outubro. O lema deste ano, "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. 

A nosa biblioteca, reformada e con ánimo de seguir brindando a toda a comunidade educativa, recursos, información e apoio, o día 29 de outubro, fai a súa inaguración para este curso escolar. 

Festexaremos con actividades e moitas sorpresas para todos os nenos e nenas do noso centro.

SEN DÚBIDA UN DÍA MOI ESPECIAL!

 

Benvidos de volta ao cole!

Serafina está feliz do reencontro con todas e todos no cole!

Este curso cambiaron moitas cousas pero o importante é coidarnos e xuntos facer desta nova realidade toda unha aventura!

 A nosa tartaruga recoméndannos algunhas lecturas para comprender e adaptarnos moito mellor.

 

 

 

 

 

 

Día Internacional dos Museos 2020

Cada ano dende 1977, todos os 18 de maio o ICOM organiza, o Día Internacional dos Museos (DIM), co obxectivo de concienciar da importancia dos Museos para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

Este ano o tema é: "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión" coa finalidade de potenciar a diversidade e a inclusión nas institucións culturais.

Dende a nosa biblioteca, Serafina invita a toda a comunidade educativa a visitar a través destes ligazóns, museos de distintos lugares do mundo, viaxar e admirar a riqueza doutras culturas.

  https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/museos-visitas-virtuales-seleccion-mejores/

 Museos virtuais. Moitos para elixir!

 

https://viajes.nationalgeographic.com.es/lifestyle/museos-mundo-visita-virtual_13248/2

 Os 10 mellores museos do mundo segundo a National Geographic.

 

https://artsandculture.google.com/partner

Google art&culture.

 

MUSEOS DE CIENCIAS NATURAIS

https://artsandculture.google.com/exhibit/yAISzR1n3bdnLw

Museo virtual de Ciencias Naturais.

https://artsandculture.google.com/exhibit/gwIS8EWZmdKZLw

Pezas emblemáticas: elefante africano, lince ibérico, abejarucos...

 

 MUSEOS DE GALICIA

https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos

 

E agora, a proposta divertida!

Serafina propón (xunto coa área de Plástica e Expresión Artística do cole)...

Facer arte na casa reproducindo obras, cos materiais que atopades e coa vosa imaxinación e creatividade a toda marcha!

ARTE NA CASA

Fideos de lasaña Renancentistas

 Insecto imaginario, tulipán, araña y pera común en Mira Calligraphiae Monumenta , 1561–1562. Museo J. Paul Getty. Recreación en Twitter por la familia Martínez con lasaña, fósforos, productos y bolsa de papel.

Neste ligazón hai ideas e instrucións para facilitar as reproducións. 

https://blogs.getty.edu/iris/getty-artworks-recreated-with-household-items-by-creative-geniuses-the-world-over/

Podedes mandar ao correo do cole as vosas obras artísticas e nós faremos unha exposición fotográfica que todos e todas poderemos disfrutar. Tes tempo ata a primeira semana de xuño!

 

 

A chegada da primavera

O día 1º de maio festéxase en Galicia a Festa dos Maios. Segundo contan as lendas, é unha celebreción pagá. Un rito agrario para favorecer o comenzo da primavera, a fecundidade da Terra e a colleitas. Celébrase con música, poesías e representacións florais moi vistosas. 

Nos datos adxuntos encontras un conto moi divertido!

Día Internacional do Libro

 

 

 

 

 

Feliz día do Libro!

 

 

Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.

A data foi elixida pola UNESCO e coincide coa morte de escritores moi importantes na historia da literatura como Miguel de Cervantes (autor do Quixote) e William Shaskespeare (autor de Romeo e Xulieta).

 

 

A TARTARUGA SERAFINA

 

 

 

 

 Queridas familias, 

Os nenos e nenas do noso centro votaron, no período de clases, o nome da nosa mascota!

O nome é:   SERAFINA

Serafina é unha tartaruga moi inqueda e con moitas ganas de aprender. Gústalle moito ler! Por iso, é feliz compartindo libros e ideas divertidas dende a biblioteca do noso cole!
Nestes días que temos que estar na casa, Serafina deséxalle:

MOITO ÁNIMO!

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor