Plan de Convivencia

Plan de convivencia

 O "Faladoiro", espazo creado no centro para favorecer o diálogo e favorecer a autonomía do alumnado na resolución de conflitos.

Este é un espazo clave do noso plan de convivencia, no que o alumnado debe chegar a acordos sen a intervención de terceiras persoas, facendo uso do diálogo e da escoita activa.

O faladoiro consta de dúas cadeiras e unha mesa. Enriba das cadeiras hai unha boca e unha orella, indicando en qué lugar se pode falar e cal é a cadeira na que hai que escoitar. Os papeis cambian no momento en que os alumnos ou alumnas intercambian cadeiras.

Este procedemento busca desenvolver a capacidade de negociación e a reflexión sobre as propias conductas, xa que unha vez chegado ó acordo o alumnado debe reflectir a situación e o acordo tomado nunha folla a modo de compromiso por escrito, intentando previr a súa reaparición.

 

Acceso ó Plan de Convivencia do centro 

Powered by Drupal - Design by artinet