Educación física

Xogos de gomas

portada chirlosmirlos

“Para estes xogos precísase unha goma elástica de tres ou catro metros de lonxitude. Átanse ambos extremos e así temos a goma disposta para xogar. É un xogo de habelencias, que consiste en pegar brincos entre as dúas cordas de goma que outros dous dos compañeiros manteñen tensa. Ás veces débese saltar a goma, outras débese prender cos pés, estirala e cruzala, outras, en fin, debe ser pisada.
Para termaren da goma os compañeiros colócanse un en fronte do outro, afastados suficientemente para que a goma se manteña tensa. Suxeitan a goma coas diferentes partes do corpo, a diferente altura do chan, aumentando o grado de dificultade do salto consonte se desenvolve o xogo. As dúas cordas de goma débense manter, tanto paralelas entre si, como paralelas ao chan. Débese xogar nun terreo moi liso, que non teña ningunha irregularidade que puider provocar torceduras ou escordaduras nos pés.
Os brincos fanse sempre pousando primeiro un pé e logo o outro”.

Tomado do libro Chirlosmirlos de Antón Cortizas que podedes atopar na biblioteca do colexio.

Aquí tedes algúns vídeos para comezar a practicar este xogo que como podedes ver xógase en todo o mundo...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet