ED. INFANTIL
ACTIVIDADES PARA A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PERIODO DO 16 Ó 29 DE MARZO. (1ª QUINCENA)
Enviado por Anónimo o Ven, 13/03/2020 - 23:51Para as familias,
Tal e como indican as medidas a adoptar do 12 de marzo no ensino non universitario, deixamos na web as actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio, e das que se fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables. A titora de Educación Infantil comunicouse coas familias telefónicamente e presencialmente fixo entrega das tarefas e actividades para que o alumnado as realice nos vindeiros días, mentres que dure a suspensión do período lectivo escolar.
ESCRITURA CON IMAXES
Boas familias,
Aquí tedes ós máis pequechos escribindo con imaxes...sen dúbidas están a traballar con ganas!
E tamén nos mostran a viaxe que están a dar ó redor do mundo e da que deixan constancia nos seu Superlibro! Mirádeos....
TALLER DE COCIÑA COS NENOS E NENAS DE EDUCACION INFANTIL
Boas familias,
Hoxe os nenos e nenas de E.Infantil convertíronse en chefs por un día para elaborar unha pizza no noso taller de cociña. Están feitos todos uns profesionais!! Pero o mellor sen dúbida foi degustar o traballo feito, mmmmmmm.....estaba deliciosa!!!
Ah! E Adrián, moitas grazas por facernolo doado....
INAGURACIÓN DO PARQUE
Queridas familias,
Dende o venres pasado podemos dar por inagurado o parque que se instalou no patio da escola. Aínda que esta semana non acompañou o tempo para desfrutalo seguro que de contado os máis pequenos sobretodo, farán un bo uso del.
BENVIDOS!!!
Familias,
Xa que pouco a pouco nos imos aclimatando á rutina, e dado por rematado o Período de Adaptación dos máis pequenos de 4º de E.I., é o momento de darlles a BENVIDA Á ESCOLA!
Este é o comezo e para outros a continuidade do que vai a ser o seu discorrer polas diferentes etapas educativas, comeza unha viaxe na que o equipaxe é lixeiro: ILUSIÓN, GANAS DE APRENDER E DE DESCUBRIR O MUNDO QUE OS RODEA. A maleta desta viaxe, cada vez irá cargándose de peso e responsabilidade, pero será cuestión de que escola e familia camiñemos xuntos para aliviar o peso das mesma ós vosos fill@s e nosos alumn@s.
BENVIDOS Á FASCINANTE AVENTURA DE APRENDER !!!
Fotos El Progreso.
Enviado por Anónimo o Dom, 27/11/2011 - 18:57O día 28 de setembro fixéronnos unha foto para "El Progreso". Saímos tod@s xenial!!
INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA
2º E 3º CICLO DE PRIMARIA
