Dependencias

DEPENDENCIAS DO CENTRO

O colexio está dividido en 3 edificios.

O pabillón A é o edificio central no que se atopa dirección, a biblioteca, as aulas de 4º a 6º de Primaria, a aula de música, a de informática e a de Pedagoxía Terapéutica, ademais da sala de mestras e mestres.

O pabillón B é o edificio no que está o comedor, a cociña e as aulas de inglés de de 1º a 3º de Educación Primaria.

As aulas de Infantil ocupan o pabillón C.

Ademais contamos co pabillón do concello para as clases de Educación Física e para o tempo de lecer durante os días de choiva.

Powered by Drupal - Design by artinet