Complementarias
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO CURSO 2008-2009
Obradoiros de concellos saudables para todo o alumnado de Educación Primaria: actividades relacionadas cos bos hábitos na alimentación e no exercicio físico.
Celebración do Magosto: actuación de Bruno Villamor, exposición de cabazas, xogos populares, ...
Celebración do Festival de Nadal: actuacións por ciclos, panxoliñas, entrega de premios, actuación teatral e musical do Conservartorio, decoración do centro, visita de todo o alumnado ó belén de Begonte, ...
Obradoiro de prevención do consumo de drogas organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Rábade: charlas informativas para o alumnado do terceiro ciclo, contacontos, actuación de teatro e película de Hormigaz.
Celebración do Día da Paz: actuacións por ciclos, cancións adicadas á Paz, formación da palabra Paz, ...
Celebración do Festival de Entroido: actividades de portas abertas ás familias con desfile do alumnado, baile, ...
Visita ó Aquarium Finisterrae na cidade de A Coruña: viaxe para todo o alumnado con actividades diferenciadas para pequenos e maiores e comida no restaurante Finisterrae dentro das propias instalacións do acuario.
Visita e actuación musical de Mini.
Saída ó entorno de Baamonde: o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria visitou a casa museo de Víctor Corral, a igrexa de Baamonde, o castiñeiro milenario, a praia fluvial de Baamonde e dende alí fixo unha marcha a pé ata a Igrexa de San Alberto.
Celebración das Letras Galegas: actividade de portas abertas ás familias do alumnado con actuacións por ciclos e obras de teatro nas que participaron alumnos e alumnas de todos os ciclos.
Saída do alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria ó Veral: saída polo entorno do río, obradoiros de cociñas ecolóxicas e construcción de niños.
Saída a Avifauna e visita á fortaleza de San Paio de Narla en Friol. Actividade para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.
Festival Fin de Curso 2008-2009
FESTIVAL FIN DE CURSO, VENRES DÍA 19 DE XUÑO