Iniciar sesión: Acceso

Novas

CALENDARIO ESCOLAR

Recordámosvos que voltamos ao centro o día 18 de febreiro, despois das vacacións de Entroido.

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR

Informámosvos que o novo contrato de transporte que atende ao noso centro, supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado.

A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación para o noso centro educativo é UTE XG-833, dentro do contrato de concesión XG833; termos municipais de Begonte e Guitiriz. 

CURSO PARA NAIS E PAIS

Queridas familias,

Como xa se falara a semana pasada, o vindeiro venres 20 en horario de 16.00 a 18.00, impartirase no centro o curso para os pais e as nais que o desexedes.

Os contidos serán os seguintes:

  • Iniciación no manexo da aula virtual do centro.
  • Applicación abalarMóbil.
  • Falemos (sevizo de videoconferencia).

Animádevos a participar!

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias:

 

O artigo 7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020 (DOG 9 de xullo), pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos, establece que os centros educativos poderán solicitar un ou dous días como non lectivos que deberán preverse na PXA do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou convivencia pedagóxica

Tendo en conta esta información, no CEIP de Baamonde foron solicitados e autorizados como días non lectivos de libre disposición os seguintes:

  • 9 de novembro de 2020
  • 14 de maio de 2021  

 

Por outro lado, queriamos comunicar a convocatoria dunha reunión informativa presencial (con carácter excepcional) o vindeiro martes, día 10 de novembro ás 16:15 h. no colexio.

A reunión estará condicionada á asistencia dun proxenitorreducindo o risco de aglomeracións 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR

Recordámosvos que este luns, día 12 de outubro, é día non lectivo no calendario escolar e o centro permanecerá pechado.

Feliz día!

ENQUISA ACTIVIDADES SOCIODEPORTIVAS. CONCELLO DE BEGONTE.

Dende o Concello de Begonte gustaríanos coñecer a opinión das familias con respecto ó inicio das actividades sociodeportivas e culturais infantís de cara a este curso, dada a situación causada pola pandemia do Covid-19. Por iso, pregámoslle adicar uns minutos para responder unha breve enquisa que nos permita valorar a súa opinión de cara a ofertar novas propostas para os nosos nenos e nenas.

Pode realizala no seguinte enlace:

https://forms.gle/RgcAAWyXqdB9MgB18

Moitas grazas pola súa colaboración.

PAUTAS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DE LUGO PARA AS FAMILIAS

Queridas familias, 

O Equipo de Orientación Específicio (EOE) de Lugo, como servizo de asesoramento e colaboración cos Departamentos de Orientación,  elaborou un documento co obxectivo de ofrecer ás familias diferentes pautas e orientacións que vos poidan ser de utilidade durante este tempo no que nos vemos obrigados a estar na casa. 

Esperemos que vos poidan ser de utilidade.

 


 

CONCURSO "QUEDA NA CASA" E ACTIVIDADE PARA O HULA

Queridas familias, 

Queremos deixarvos dúas actividades que os rapaces poden facer durantes este días:

1- Concurso do concello de Begonte "Begonte queda na casa" : O concello convocou un concurso no que poden participar traballos audiovisuais, narracións ou cómics que conten de xeito divertido, positivo e entretido o confinamento. O prazo para presentar ditos traballos remata o 11 de Abril e conta con 3 premios. 

Ademais tódolos traballos van poder verse no Facebook do concello de Begonte e aqueles que recibán máis "gústame" recibirán pequenas gratificacións. 

Poden consultarse as bases na web do concello: http://www.concellodebegonte.es/es/actualidade/concurso-begonte-se-queda-en-casa

 2- Actividade para Hula: Dende a planta 4A1 do Hula, onde están hospitalizados doentes que sofren o COVID-19, solicitan que poñamos o noso gran de area para axudar ó benestar físico e emocional dos mesmos. Piden que lles sexan enviadas cartas anónimas ou debuxos con mensaxes de ánimo para que sigan loitando para saír adiante. Poden enviarse estas cartas e debuxos á dirección: BRAIS.CARREIRA.IGLESIAS@SERGAS.ES. Agradecen de antemán a colaboración.

 

ACTIVIDADE "OS MEUS HEROES E HEROINAS"

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIAS BEN BONITIÑAS E AGARIMOSAS...O NOSO ÚNICO OBXECTIVO É QUE AS DESFRUTEDES.

VISITA DE BEGOÑA RAMUDO AMIDO CO CONTO: "O RATIÑO PÉREZ"

E rematamos a tarde coa visita de Begoña Ramudo que nos veu a presentar o conto que escribiu "O ratiño Pérez" e que nos gustou moito, poir o rato non para de facer cousas e tívenos ben entretidos a tod@s contándonolas coa axuda de Begoña.

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor