Localización

CONTEXTO

 

 O concello de Baamonde conta con 300 habitantes aproximadamente. O entorno de Baamonde ofrece numerosos recursos:

  • A CASA MUSEO DE VÍCTOR CORRAL: A obra de Victor Corral é moi numerosa; forman parte dela máis dun milleiro de pezas singulares. Esta cantidade de obras, foron esculpidas en moi diversos materiais e en estilos diferentes e variados. É de destacar a orixinalidade do emprego de árbores vivas para labrar nelas temas relixiosos, como é o caso da Virxe do Rosario no castiñeiro perto da igrexa parroquial. O granito da comarca serviulle para tallar esculturas que hoxe se atopan no xardín da súa Casa-museo e en outros lugares públicos.
  • IGREXA ROMÁNICA: A nave é do século XII e a capela maior do s. XV. Sábese que en 1101 destruíron o templo os irmandiños e, pouco máis tarde, foi reedificado ata que o mandou rematar don Pedro Arias e Vaamonde, natural da localidade e bispo de Mondoñedo. Ata 1853 enterrábase no interior do recinto. A parte románica acusa o influxo das peregrinacións a Santiago   
  • CASTIÑEIRO MILENARIO: Nun castaño oco á beira da N-VI, o artista Víctor Corral tallou unha capeliña da Virxe. Cando se fixo o trazado da N-VI, nos anos setenta, o proxecto inicial prevía que parte do adro e o castiñeiro quedasen afectados pola obra.
    O proxecto da estrada foi modificado, e o castiñeiro varias veces centenario segue en pé despois duns incendios, e dentro del a capeliña da Virxe.

O Castiñeiro de Baamonde 

 disque é milenario,

dentro do tronco está tallada 

 a nosa Virxe do Rosario.

Nesa Virxe hai beleza

 nesa Virxe hai amor

 fíxoa con moito agarimo 

 meu irmán, o escultor.

O Castiñeiro xa o coñecen

 moitas persoas do mundo

 o Castiñeiro e a Virxe

 que tallou Víctor Reimundo

Mirando para o Castiñeiro

vese a obra do escultor

 e mirando para o ceo

vese a man do creador

Deus que o salvaches

 do lume e das enfermidades

 eu quero darche as gracias

polo ben que o trataches

Xoán Corral

  • ALBERGUE DE PEREGRINOS:Dentro do Camiño de Santiago atopamos o albergue de peregrinos de Baamonde. O albergue está ubicado nun vello edificio que foi rehabilitado e ó que se adosaron dúas construccións destinadas a adega, forno e cobertizo. Tamén se emprega como centro para actividades socioculturais.  

Powered by Drupal - Design by artinet