Iniciar sesión: Acceso

TRÍPTICO DO COLEXIO DO BAAMONDE

Para a comunidade educativa do CEIP BAAMONDE.

A CRUZ VERMELLA AGRADECE A NOSA COLABORACIÓN

A Cruz Vermella de Vilalba agradece a nosa colaboración pola recollida de alimentos.

PERIODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

INFORMACION IMPORTANTE:

As familias que desexen solicitar praza para o próximo CURSO 2020-2021,  DEBERÁN PRESENTAR A INSTANCIA NA APLICACIÓN ADMISIONALUMNADODO  OU PRESENTAR ANTE A DIRECCIÓN DO CENTRO A SOLICITUDE DE ADMISIÓN DEBIDAMENTE CUBERTA ENTRE 1 AO 20 DE MARZO.

PUBLICACION DE LISTAXE DE ADMITIDOS: 25 DE ABRIL, habendo un período de reclamación de 5 días hábiles a este listaxe provisional.

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA: ANTES DO 15 DE MAIO.

PRAZO PARA FORMALIZAR MATRÍCULA: DO 20 Ó 30 XUÑO.A matrícula formalizarase no modelo que figura como anexo III da Orde de 12 de marzo de 2013.

 

NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULA:

- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26-12-2012).

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 15-03-2013). 

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 01-02-2017).

-Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020-2021.

CARNAVAL, CARNAVAL...

Boas, 

Apetecevos unha miguiña de froita?... Mirade que froitas máis apetecibles desfilaron pola nosa escola. E ademais visitaron o centro de día para sacarlle un sorriso ós maiores. 

TRABALLANDO NO HORTO ESCOLAR

Boas, 

Vaia por diante o noso agradecemento ás familias, por botarnos unha man co horto escolar, pois estánnos brindando toda a axuda para poñelo a funcionar. 

Hoxe estivemos traballando nel e xa comezamos a facer cartaces para organizar as nosas prantas...mirade que bonitiños!

 

ESCRITURA CON IMAXES

Boas familias, 

Aquí tedes ós máis pequechos escribindo con imaxes...sen dúbidas están a traballar con ganas!

E tamén nos mostran a viaxe que están a dar ó redor do mundo e da que deixan constancia nos seu Superlibro! Mirádeos....

VISITA Ó CENTRO DE DÍA

Boas, 

O día 18 de Febreiro fixemos unha visita ó Centro de Día para representar unha obra de teatro que estudamos e preparamos no taller de Habilidades Sociais que estamos realizando coa colaboración do Concello. Os nosos maiores quedaron moi agradecidos.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Boas familias, 

O luns día 28 de Xaneiro celebramos o Día da non violencia e da Paz, e fixémolo xuntos cos nosos compañeir@s do CEIP de Begonte, nunha xornada de convivencia onde de xeito conxunto reivindicamos nada máis e nada menos, que un mundo mellor do cal nos queremos ser partícipes. E que mellor maneira de facelo que axudando ós que temos cerca cunha recollida de alimentos, que logo de colocalos no símbolo da paz, doamos ó Banco de Alimentos. Nós queremos un mundo mellor e dende logo estamos dispostos a continuar construíndoo xa!!!!!

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Queridas familias, 

O día 29 de Xaneiro, ás 12 da mañá imos a realizar no centro un simulacro de evacuación no que van participar os servizos do 061, a Garda Civil de Baamonde e os bombeiros de Vilalba. Esta é unha información para vós, familias, ós rapaces sería convinte non darlla a coñecer para facer unha situación o máis real posible para que os tempos sexan os máis axustados a unha situación real. Agradecemos a vosa colaboración.

 

 

TALLER DO CONCELLO DE BEGONTE SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL E HABILIDADES SOCIAIS

Queridas familias, 

Aquí vos deixamos algunhas fotos do taller que se está a desenvolver por parte do Concello de Begonte nas escolas e que xira sobre a Educación Emocional e a xestión de Habilidades Sociais, ámbolos dous aspectos fundamentais para relacionarse!

 

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor