UNHA FLOR CON SORTE DENDE BAAMONDE
Queridas familias,
Deixamos un novo vídeo cheo de flores...feito polo alumnado e a profe Tena! Mirade que chea delas...
INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Publicáronse as instrucións de 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das instrucións de 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
"Polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentos de avaliación os centros educativos rexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Non se rexistrarán cualificacións da terceira avaliación."
ENREGUÉIFATE 2020. "REGUEIFAS DENDE A TERRA CHÁ"
Estade atentos á web....porque ao longo do día, temos unha sorpresiña preparada para participar neste certame.
Si, sí...na Terra Chá...tamén regueifamos...!!!
E o prometido é debeda....xa podedes ver o GRAN TRABALLO FEITO POLO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º, PARA PARTICIPAR NO CERTAME ENREGUÉIFATE 2020! Coa axuda da profe Elisabet, compuxeron e interpretaron Regueifas sobre Os Maios e a situación na que atopamos.
E que é unha regueifa? pois é un desafío oral improvisado en verso, que foi quedado relegado ao pasado. Dise que era tradición nas vodas da xente campesiña que a parella ou madriña d@s acabad@s de casar puxese a disposición d@s que non foran convidad@s á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre @s presentes era retarse dialecticamente entre el@s, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
E nesas andiveron os rapaces, poñendo en valor a nosa lingua e as nosas tradicións...están feitos uns REGUEIFEIROS!!!
PODCAST REALIZADO POLO ALUMNADO DE 6º.
Que é un podcast? Preguntarédesvos...
Pois un pequeno clip sonoro, de radio, cun contido didáctico. No noso caso fixémolo sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Ademáis de participar co mesmo nun concurso de podcast. Desexádenos sorte!!!
LETRAS GALEGAS 2020
Queridas familias,
O día 17 Maio, como tódolos anos é o Día das Letras Galegas. E aínda que os actos solemnes de homenaxe foron trasladados ao mes de Outubro, non queremos deixar pasar a ocasión sen celebrar o día das nosas letras e homenaxear ao escritor deste ano: Ricardo Carvalho Calero.
Deixamos aquí marcapáxinas e carteis deste día personalizados co nome da nosa escola.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
