Iniciar sesión: Acceso

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e disfrutamos tamén do teatro en inglés con Trullywood.

TITORIAIS DO CURSO PARA NAIS E PAIS

Aquí vos deixamos os enlaces aos titoriais dos contidos tratados no curso:

1. Titorial acceso Aula Virtual (arquivo PDF adxunto)

2. Titorial CAMSCANNER:

https://www.youtube.com/watch?v=Ex9Uws4YkNc

3. Titorial ABALAR MÓBIL (1):

https://www.youtube.com/watch?v=O5AQ6P0Z_Tc&feature=emb_logo

Titorial ABALAR MÓBIL (2):

https://www.youtube.com/watch?v=6cY5JtUURaM&feature=emb_logo

4. Titorial WEBEX:

https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk

5. Presentación WEBEX / FALEMOS:

https://view.genial.ly/5fb5a0b1465c0b6e9a7362b5/learning-experience-didactic-unit-webex-falemos-paisnaistitores

CURSO PARA NAIS E PAIS

Queridas familias,

Como xa se falara a semana pasada, o vindeiro venres 20 en horario de 16.00 a 18.00, impartirase no centro o curso para os pais e as nais que o desexedes.

Os contidos serán os seguintes:

  • Iniciación no manexo da aula virtual do centro.
  • Applicación abalarMóbil.
  • Falemos (sevizo de videoconferencia).

Animádevos a participar!

XORNADA MÁXICA NO NOSO COLE!

Maxia, agasallos, castañas e recoñecemento ao pai que fixo o mural da biblioteca. Grazas!

Os nenos e nenas de infantil tamén viviron a súa xornada máxica!

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias:

 

O artigo 7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020 (DOG 9 de xullo), pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos, establece que os centros educativos poderán solicitar un ou dous días como non lectivos que deberán preverse na PXA do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou convivencia pedagóxica

Tendo en conta esta información, no CEIP de Baamonde foron solicitados e autorizados como días non lectivos de libre disposición os seguintes:

  • 9 de novembro de 2020
  • 14 de maio de 2021  

 

Por outro lado, queriamos comunicar a convocatoria dunha reunión informativa presencial (con carácter excepcional) o vindeiro martes, día 10 de novembro ás 16:15 h. no colexio.

A reunión estará condicionada á asistencia dun proxenitorreducindo o risco de aglomeracións 

 

 

CHARLA INFORMATIVA

O pasado martes visitáronnos da Clínica Neira Dental para tratar o tema da saúde bucodental. 

Álbum: FOTOS CURSO 2020-2021 -> Charla saúde bucodental

CHARLA INFORMATIVA

A semana pasada visitounos Esperanza, xestora sanitaria do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.

Tivemos unha charla con ela onde nos explicou a importancia dunha alimentación saudable, dun lavado correcto de mans, o uso de mascarillas limpas e ben colocadas...

Algúns nenos e nenas lembran a información co seguinte vídeo.

Álbum: FOTOS CURSO 2020-2021 -> Charla coronavirus

CONCURSO SAN FROILÁN DE DEBUXO

Concurso San Froilán de debuxo

Se tes entre 8 e 14 anos,

participa cun debuxo orixinal no que os protagonistas sexan

o polbo e a festa do San Froilán.  

Os traballos deberán entregarse entre o 5 e o 31 de outubro.  

Envíao por correo electrónico a concursosanfroilan@elprogreso.es 

ou entrégao presencialmente na sede de El Progreso.  

O gañador ou gañadora recibirá unha videoconsola 

e o segundo clasificado, unha tablet 

Animádevos a participar!

ENQUISA ACTIVIDADES SOCIODEPORTIVAS. CONCELLO DE BEGONTE.

Dende o Concello de Begonte gustaríanos coñecer a opinión das familias con respecto ó inicio das actividades sociodeportivas e culturais infantís de cara a este curso, dada a situación causada pola pandemia do Covid-19. Por iso, pregámoslle adicar uns minutos para responder unha breve enquisa que nos permita valorar a súa opinión de cara a ofertar novas propostas para os nosos nenos e nenas.

Pode realizala no seguinte enlace:

https://forms.gle/RgcAAWyXqdB9MgB18

Moitas grazas pola súa colaboración.

Distribuir contido

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor