NOVAS

CURSO 2018-2019

 

 

NOVAS DE INTERESE

 

ÚLTIMAS NOVAS

INICIO DO PROGRAMA FROITA FRESCA E LEITE DE CONSUMO

Co fin de educar nunha dieta saudable, hoxe iniciouse no colexio, no horario de recreo da mañá, a subministración ao alumnado de froita fresca e leite líquido de consumo

 

AUXILIAR DE CONVERSA (INGLÉS)

(20/07/2018, 12:54H) Foi nomeada Auxiliar de conversa (lingua inglesa) para o curso 2018-2019 a cidadá de nacionalidade británica Dna. Zahra Khan, compartindo este centro co CPI Dr. López Suárez de Friol.

A auxiliar realizará o seu labor no CEIP de Baamonde desde o 1 de outubro de 2018 ata o 31 de maio de 2019.

 

EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL)

(16/07/2018, 14:57H) O CEIP de Baamonde foi seleccionado na resolución provisional como un dos centros participantes na convocatoria 2018-2019 do proxecto Educación Dixital (E-Dixgal), o que afectará ao alumnado participante de 5º e 6º de primaria en canto que non serán oficialmente beneficiarios do Fondo Solidario de libros de texto (préstamo de libros), usando ordenadores portátiles e libros dixitais. Sen embargo, ao haber existencias suficientes no centro, e como material complementario, realizarase o uso igualmente, como xa se lle comunicou ás familias.

O alumnado de 4º de primaria, á parte dos correspondentes libros de texto, tamén empregará ordenadores portátiles.

Listaxe centros seleccionados resolución provisional E-Dixgal 2018-2019 Icono PDF

 

1. LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019 Icono PDF

   (Educación infantil e Educación primaria)

 

2. PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O CURSO 2018-2019 (Fondo Solidario de libros de texto 3º, 4º, 5º e 6º E.P.)

Todo o alumnado do centro que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de E. primaria, e que presentou solicitude, ten concedidos os 6 libros que se empregarán no curso 2018-2019.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO E LIBROS QUE RECIBE DO FONDO SOLIDARIO (PRÉSTAMO) Icono PDF

Os libros serán entregados en setembro de 2018

IMPORTANTE: Solicitouse participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) na convocatoria 2018-2019, polo que o uso de libros de texto pode sufrir variacións. Unha vez saian publicados na web da consellería os centros participantes (resolución provisional), será comunicada nova información para as familias.

 

3. RECOLLIDA DE VALES PARA AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2018-2019)

As familias que solicitaron axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar poden pasar polo centro recoller os vales para ir ás librarías.

IMPORTANTE: Os vales só se xeran na aplicación informática para as familias que cumpren os requisitos legais da convocatoria.

- Vales para a adquisición libros de texto: só para alumnado de 1º e 2º de Educación primaria

- Vales para a adquisición de material escolar: Todo o alumnado de Educación primaria

HORARIO DE RECOLLIDA DE VALES E OUTRAS CUESTIÓNS:

DÍAS: LUNS A VENRES

HORARIO: 10:30 H A 14:00 H

RECOLLIDA ATA O 13 DE XULLO

Despois desa data, se algunha familia non recolleu o vale, deberao recoller a partir do 1 de setembro de 2018.

 

4. CALENDARIO ESCOLAR 2018-2019 Icono LInk

- Calendario escolar 2018-2019 Icono DOC (Editable)

- Calendario escolar 2018-2019 Icono PDF

- Calendario escolar 2018-2019 publicado no D.O.G. Icono PDF

As sesións lectivas (clases) comezarán o mércores, 12 de setembro de 2018, e rematarán o venres, 21 de xuño de 2019.

 

5. COMEDOR ESCOLAR 2018-2019

Os pais, nais ou titores/as legais que desexen que o seu fillo ou filla sexa usuario/a do comedor escolar no curso 2018-2019 deben entregar cuberto no centro o formulario Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións.

1º prazo: ata o 13 de xullo

Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións (+ instrucións) Icono PDF

O servizo de comedor escolar comezará o mércores, 12 de setembro de 2018, e rematará o venres, 21 de xuño de 2019.

 

 6. HORARIOS DO CURSO 2018-2019

- Indícase a duración das sesións na xornada única (setembro e xuño) e na xornada partida (de outubro a maio) Icono PDF

- Indícase o horario de entrada e saída do alumnado (xornada única e xornada partida)

 

 

HORA DE ENTRADA

HORA DE SAÍDA

DE OUTUBRO

A MAIO

9:30 h

16:00 h

SETEMBRO E XUÑO

9:00 h

14:00 h  (alumnado SEN comedor NIN transporte escolar)

14:30 h  (alumnado CON comedor e transporte escolar)

 

PARA O ALUMNADO TRANSPORTADO:

Rógase contacten coa empresa de transportes Autocares Muíños: 982 37 05 30 / 655 290 296 / info@autosmuinos.com (ou coidadoras ou condutor) para acordar o horario de recollida de mañá e tarde do alumnado.

Web Autocares Muíños: https://autosmuinos.com/ Icono LInk

 

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet