Iniciar sesión: Acceso

CONCURSO "QUEDA NA CASA" E ACTIVIDADE PARA O HULA

Queridas familias, 

Queremos deixarvos dúas actividades que os rapaces poden facer durantes este días:

1- Concurso do concello de Begonte "Begonte queda na casa" : O concello convocou un concurso no que poden participar traballos audiovisuais, narracións ou cómics que conten de xeito divertido, positivo e entretido o confinamento. O prazo para presentar ditos traballos remata o 11 de Abril e conta con 3 premios. 

Ademais tódolos traballos van poder verse no Facebook do concello de Begonte e aqueles que recibán máis "gústame" recibirán pequenas gratificacións. 

Poden consultarse as bases na web do concello: http://www.concellodebegonte.es/es/actualidade/concurso-begonte-se-queda-en-casa

 2- Actividade para Hula: Dende a planta 4A1 do Hula, onde están hospitalizados doentes que sofren o COVID-19, solicitan que poñamos o noso gran de area para axudar ó benestar físico e emocional dos mesmos. Piden que lles sexan enviadas cartas anónimas ou debuxos con mensaxes de ánimo para que sigan loitando para saír adiante. Poden enviarse estas cartas e debuxos á dirección: BRAIS.CARREIRA.IGLESIAS@SERGAS.ES. Agradecen de antemán a colaboración.

 

O tempo hoxe

Baamonde

Pais/Nais

Comedor