CÓMO CONTACTAR CO CENTRO
Queridas familias,
Para calquera consulta ou xestión de carácter urxente,
podedes chamar ó número de teléfono do centro:
982 870092
ou a través do correo eléctrónico:
ceip.baamonde@edu.xunta.es
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por admin o Lun, 08/03/2021 - 19:38A MAXIA DE COCIÑAR XUNTOS!
Na xornada de onte, o cociñeiro Adrián guiounos para facer uns ricos bombóns.
Sen dúbida unha experiencia divertida!
CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR
Informámosvos que o novo contrato de transporte que atende ao noso centro, supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado.
A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación para o noso centro educativo é UTE XG-833, dentro do contrato de concesión XG833; termos municipais de Begonte e Guitiriz.
O NOSO TRABALLO PREMIADO
Queridas familias,
Temos a inmesa alegría de contarvos que recibimos un PREMIO ACCÉSIT polo podcast que fixemos o curso pasado co alumnado de 6º curso chamado "Na verea da igualdade" para o II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Sen dúbida un recoñecemento ao traballo e implicación do noso alumnado durante o confinamento. Parabéns para eles!!
Nos próximos días deberemos recoller o premio en Santiago!
Deixamos de novo o podcast para que o escoitedes!
http://www.arraianos.com/index.php/proxectos-singulares-de-arraianos-produccions/o-vello-dos-contos-arraianos.
DESTINATARIOS AXUDAS MÁSCARAS
Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020 adxúntase listaxes provisional e definitiva de admitidos.
