blogue deadmin

25 NOVEMBRO 2019. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Boas familia,

O pasado día 25 de Novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e na nosa escola celebramos con diferentes actividades, pois cremos firmemente na coeducación e formar ós nosos alumnos e alumnas en valores que respeten as diferenzas para formar unha sociedade máis xusta. Aquí vos deixamos algunha fotiño.

AULA DE INFORMATICA

Familias,

Co fin de optimizar tódolos recursos existentes no centro para ofrecer ós nosos nenos e nenas os maiores contextos de aprendizaxe, puxemos en marcha a Aula de Informática. Aínda hai unha fenda dixital que sobretodo no rural é difícil de eliminar, pero non imos ser nós os que contribuamos a aumentala. Por iso os nosos nenos e nenas continúan conectados á rede...O obxectivo da aula ademáis de ser unha contorna motivadora de traballo, permitirá contribuír á formación dixital do noso alumnado facéndoos cada vez máis competentes, e paliar os déficits de acceso ás teconolóxias da información e a comunicación. Aquí vos deixamos algunhas fotiños do mércores cando decidimos inagurala cunha xornada sobretodo lúdica para comezar.

Estamos en contacto familias....e seguimos traballando.

Inaguración aula de informática

DIAS NON LECTIVOS NO COLEXIO

Queridas familias,

Unha nova importante....

Informarvos de que o próximo 25 de Novembro e o 20 de Marzo do vindeiro ano son DÍAS NON LECTIVOS para o noso centro, polo que eses días NON HAI ESCOLA.  (Orde 20 xuño 2019).

Un saúdo.

Boas novas!

Despois de moitas propostas, todas moi boas e divertidas, e da votación de todo o alumnado e profesoras do centro... xa temos mascota na biblioteca da escola!

 

INAGURACIÓN DO PARQUE

Queridas familias, 

Dende o venres pasado podemos dar por inagurado o parque que se instalou no patio da escola. Aínda que esta semana non acompañou o tempo para desfrutalo seguro que de contado os máis pequenos sobretodo, farán un bo uso del.

A biblioteca informa

 

 

COMENZAMOS O CONCURSO PARA ELIXIR A MASCOTA DA BIBLIOTECA!     

 

OS NENOS E NENAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR PODEN PRESENTAR A SÚA PROPOSTA REPRESENTADA NUN DEBUXO E ENTREGALAS ÁS SÚAS TITORAS. 

O DÍA 24 DE OUTUBRO, DÍA DA CONMEMORACIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, REALIZARASE A VOTACIÓN E SE EXPOÑERÁ A MASCOTA GAÑADORA NO “MURAL DE NOTICIAS” DA BIBLIOTECA.

TODAS AS PROPOSTAS SERÁN EXPOSTAS NOS MURAIS DA ESCOLA.

  ANIMÁVEDOS A PARTICIPAR! 

 SERÁ UNHA EXPERIENCIA MOI DIVERTIDA!

 

 

 

 

EXHIBICIÓN MILITAR

FAMILIAS, 

Informárvos de que mañá xoves día 9 de Outubrbo, terá lugar unha exhibición de material militar entre as 11.30 H e as 13.30 H por parte dos militares do  destacamento de Parga.Exhibicion

TARXETA SANITARIA

Familias, 

Dende o centro estámosvos pedindo unha copia da tarxeta sanitaria do alumnado para custodiala no seu expediente e facer uso dela (esperemos non ter que facelo) en caso de enfermidade ou accidente dalgún neno/a. Polo que vos pedimos no-la fagades chegar coa maior brevidade. Moitas grazas.

A BIBLIOTECA

                            

QUERIDAS FAMILIAS!

A PEDIDO DO ALUMNADO DO CENTRO E PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DO HORARIO DALGUNHAS FAMILIAS, ESTENDERASE "A MESA DE LIBROS USADOS" ATA O DÍA 9 DE OUTUBRO. O DÍA MARTES TAMÉN ESTARÁN ABERTAS AS PORTAS POLA TARDE.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

Plantilla de ingredientes dos platos elaborados no comedor

Bo día, familias! Sorriso

Premede aquí se queredes consultar a plantilla de ingredientes dos platos que se elaboran no comedor.

Powered by Drupal - Design by artinet