Obradorio de nutrición

Ao longo da segunda quincena do mes de abril, Cristina Ortiz, Licenciada en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos, acompañou ao alumando de 6º de educación primaria coa realización de actividades encamiñadas á consecución de hábitos na alimentación dentro do marco do  Proxecto de Alimentación saudable que se desenvolve no noso centro.

 As actividadesw foron diversas e todas elas tiveron como protagonista indiscutible os alimentos e a súa importancia na nosa saúde.

Clicea na imaxe e participarás nesta interesante experiencia.                                                              

Cuenco con legumbres

Convivencia 4º educación primaria

Na seguinte presentación pódese visualizar a información da Convivenca na "Granja El Kiriko" de Fornelos de Montes.

 

Saídas escolares: maio e xuño

Achégase o final do curso 2013-2014 e, un ano máis, organizáronse as tan esperadas excursións.

Saídas de educación infantil:

  • Museo do Humor, Fene e, parque de educación vial, Barallobre. Alumnado de 3 anos.
  • Ares. Alumnado de 4 anos.
  • Marcelle. Alumnado de 5 anos.

Saídas de educación primaria:

Organización das saídas.

 

Visita institucional

 

 

O día 9 de maio,  xoves,  e invitado pola ANPA , o Xefe Territorial da Coruña, Indalecio  Cabana Leira, visitou o CEIP A Solaina.

 Durante a visita accedeu ao pavillón, realizou un percorrido polo recinto escolar e coñeceu  de primeira man algúns dos proxectos que se desenvolven no centro como Educación Vial e a Campaña de Alimentación Saudable.

 Ademais, prestou especial atención aos  espazos que se van a habilitar para a nova aula de 3 anos por  mor do número de solicitudes para este nivel  de educación Infantil.

Programa de Educación Vial

O colexio e a ANPA, no marco do proxecto de Educación Vial que se desenvolve dende 2006, organizaron o luns 28 de abril unha sesión sobre a Reforma da Lei de Tráfico.

A sesión, dirixida á comunidade educativa, estivo impartida por Pedro Caneiro membro, xunto con Simón Cabarcos, do Equipo de Educación Vial de Narón.  O obxectivo era, con motivo da entrada en vigor da citada reforma, explicar as novidades de dita normativa, presentar as próximas actividades que levarán a cabo e facer un balance dos resultados acadados co seu Programa de Seguridade Vial. Ademais, avanzouse que o citado equipo participará proximamente nun foro internacional sobre seguridade vial infantil.

Tras esta sesión, está previsto unha nova visita desde equipo para aplicar a nova normativo ó proxecto de educación vial do centro así como para instalar un novo equipamento: os medidores de altura.

Todos aqueles interesados nesta temática, podedes visualizar esta presentación realizada polo Equipo de Educación Vial de Narón.

 

Menú comedor escolar

Achégase o menú do comedor escolar do mes de maio para os usuarios do servizo.

Conservas de alimentos

Charla informativa: normas de tráfico

Con motivo dos cambios que a Dirección Xeral de Tráfico fai coa Normativa , convócase a todos /as os interesados/as a unha reunión a celebrar o 28 de abril, ás 16.00h na biblioteca do centro.

A citada reuniónn será dirixida por membros da Policía Local de Narón.

 Convocatoria.

Admisión alumnado 2014-2015

Listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2014-2015:

Según indicacións da Inspección Educativa da Zona  de Narón, infórmase aos interesados que para o vinderio curso 2014-2015  habilitarase unha aula para o alumnado de 3 anos.

Corresponde á Comison de Escolarización  a adxudicación de praza ao alumnado que non acodou praza neste centro.

A data probable será na primeira quincena de xuño.

Xestións ANPA 2014

A  ANPA do CEIP  A Solaina informa que determinadas empresas colaborarán este ano 2014 cos socios/as desta entidad ofrecendo os seus servizos cunha mellora de carácter económico. 

Relación de empresas e servizos:

 

Novas sobre Proceso de Admisión alumnado

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, infórmase que a demanda de postos escolares resultou superior á oferta. 

Segundo recolle a Orde do 12 de marzo de 2013, ábrese o prazo ( 24 de marzo-3 de abril) para a acreditación da puntuación.

Pode descargar a síntese das diferentes acreditacións.

INFORMACIÓN xeral.

 

Distribuir contido