DÍA DAS LETRAS

O venres 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas 2017, adicado este ano ao escritor Carlos Casares. Ademais, o alumnado de 2ºB deleitounos cunha adaptación do grupo Petit Pop e posteriormente interpretamos entre todos a canción A miña lingua sae do corazón.

Na Biblioteca con David Pérez Iglesias

Hoxe, 10 de maio, visitounos o escritor David Pérez Iglesias. A animación estivo dirixida ao alumnado de 6º, que puido facerlle interensantes preguntas sobre o seu libro, Todo o tempo do mundo, premio Merlín 2016. Preme no enlace se queres ver a reportaxe fotográfica.

Cuberta no patio

Desde o comezo deste trimestre o colexio conta cunha nova cobertura no patio norte do recinto. O espazo vai ser aproveitado polo alumnado de Primaria, fundamentalmente nos recreos e na entrada ás aulas. A comunidade educativa valora o esforzo na consecución deste obxectivo perseguido desde hai tempo e que se levou a cabo co orzamento municipal. Pica no enlace se queres ver a noticia na prensa.

 

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 3 º TRIMESTRE.

 

 

                                                       Resultado de imagen de lolo anda en bicicleta

 

CEIP A SOLAINA         ED. VIARIA 2016-17

 

CALENDARIO  3º TRIMESTRE.

 

 

MES

DÍA

ACTIVIDADE

CURSO

Maio

Xoves,25

Obradoiros  seguridade  e prevención.

4º e 5º E.Primaria

 

Maio

 

Venres,26

APRAZADA

X Marcha ciclista escolar.

3º,4º,

5º e 6º Primaria

Maio

Mércores,31

Obradoiro medio- ambiental.

E.Primaria

Visita de Xelís de Toro

O venres 21 de abril contamos coa presenza do autor Xelís de Toro na Biblioteca do centro. No enlace podes ver a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta nova animación á lectura.

Na Biblioteca con Héctor Lorenzo Piñeiro

Unha nova animación á lectura, desta do músico Héctor Lorenzo Piñeiro, que nos interpretou cancións do seu libro-disco Cousas de papá. Preme no enlace para veres a reportaxe fotográfica cos nenos de 6ºEI,1ºEP e 2ºAEP.

 

 

Saída de 4º a Santiago de Compostela

O martes pasado, 28 de marzo, o alumnado de 4º EP realizou unha saída a Santiago de Compostela. Na capital do país visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia, deron unha volta polas rúas da cidade e finalmente pararon a xantar no comedor Monte da Condesa. Preme no enlace para ver as fotos do día.

6º no CIFP Ferrolterra

O Departamento de Orientación do CEIP A Solaina programou e levou a cabo unha saída do alumnado de 6º de EP ao CIFP Ferrolterra. A visita efectuada o 23 de marzo encádrase no Programa Atrévete no marco do Plan eduemprende, que desenvolve actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria. Tras a benvida, o alumnado de 6º asistiu a unha charla sobre viveiros de empresas nos centros educativos e diversas experiencias emprendedoras en Ferrol. Finalmente fíxose unha visita guiada ao CIFP e ao seu Viveiro de empresas. Se queres ver a reportaxe fotográfica pincha no enlace.

 

Distribuir contido