ANPA " PÍA DA CASCA"

         

A Asociación de nais e pais “Pía da Casca” do C.E.I.P “As Mercedes” constituíuse no ano 1999, rexistrada no Rexistro provincial de asociacións co número 2071/S-1ª, procedeuse a unha modificación de Estatutos para adaptación á Lei orgánica 1/2002, do 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociación, así mesmo está inscrita no censo de Asociacións culturais de Galicia co código B.03.11/OU.354 libro e exp:3934 con data 23/10/2008,  solicitou a inscrición no Censo de Asociacións da Consellería de Educación.

 

 

 

Son destacables como fins principais dentro dos que aparecen detallados nos estatutos da Asociación:

·      Promover  a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos sen distinción por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou xénero.
·      Promover a formación integral dos alumnos en colaboración coa Dirección. Os profesores, o persoal non docente e demais integrantes da comunidade educativa, organizando actividades formativas, culturais e de estudio, recreativas e deportivas.

·      Colaborar nas actividades educativas e extra-escolares do Centro Educativo,

·      Estimular a participación dos pais e nais na programación xeral do ensino a través do órgano colexiado correspondente.

     A asociación de nais e pais do centro (ANPA" PÍA DA CASCA") xestiona, en colaboración co Concello, os servizos de ACOLLIDA TEMPERÁ e de COMEDOR ESCOLAR. E tamén as actividades extraescolares da tarde (patinaxe, natación, informática, teatro, mini-basquet,…).         

 

 
 
 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet