Actividades 3º

16/03/2020

Bo día.

Como ben sabedes nos vindeiros 15 días non poderemos asistir ó centro, polo que por este medio fareivos chegar unha serie de actividades para ir facendo nas vosas casas. Aínda que a simple vista vos pareza unha enorme carga de traballo, tende en cotna que non tedes que facer todo o que a cotninuación vou indicar nun só día, senón que tedes 15 días para realizalos, só cómpre que vos saibades organizar un pouquiño.

Como poderedes comprobar vou engadir documentos onde aparecen actividades de repaso, documentos con esquemas, vídeos explicativos e actividades; todo isto deberedes facelo nun caderno ou en folios, logo á volta xa os engadiremos nos cadernos das áreas correspondentes. 

Se tedes algunha dúbida temos dispoñible o espazo ABALAR.

CIENCIAS DA NATUREZA

- Repaso dos esquemas e contidos traballados neste trimestre para que non se nos esquezan. Se o programa mo permite fareivos chegar algún xogo interactivo sobre eles.

- Remata os exercicios de repaso do Tema 3 que comezamos a semana pasada e que quedaron pendentes, así como unha serie de actividades que aparecen no adxuntoREPASO DE CC.NN

-Comezamos co novo tema, o tema 4, para iso a continuación atoparedes a continuación  unha serie de esquemas, vídeos (saúde, enfermidade, alimentación e hixiene persoal, hixiene postural, hixiene alimentaria e de cousas ) e actividades. Intentade ler primeiro o esquema, logo ver o video explicativo correspondente ó contido que se está a explicar e, finalmente, facedes as actividades indicadas.

CIENCIAS SOCIAIS

- Repaso dos esquemas e contidos traballados neste trimestre para que non se nos esquezan. Se o programa mo permite fareivos chegar algún xogo interactivo sobre eles.

- Remata os exercicios de repaso do Tema 3 que comezamos a semana pasada e que quedaron pendentes.

- Realización do RESUMO e exercicio 1 da páxina 74

- Ver e copiar estes esquemas , visualización destes vídeos(capas da terra, hidrosfera, ciclo da auga) e realización das actividades indicadas.

Páxina 75, exercicios 6 e 7

Páxina 77, exercicio 11 

-      

Posteiromente engadirei algún esquema do novo tema, o tema 4.

PLÁSTICA E VALORES

Nestes últimos días, como ben sabedes e debido as circunstancias tan especiais que estamos a vivir, temos que dar ás gracias a certos profesionais  (médic@s, enfermeir@s, persoal de supermercados e farmacias, transportistas que nos abastecen de alimentos, pescadores, gandeir@s…) que seguen traballando arreo para que esta situación non sexa máis complicada. Todas as profesións son importantes no día a día, pero agora mesmo hai certos profesionais que son imprescindibles para que a sociedade non se derrube, polo tanto, imos darle a estes profesionais o recoñecemento que se merecen e agradecerlles a súa gran labor. Para iso propóñovos que cada un de vós colla un folio en branco e por un lado debuxe unha profesión que agora mesmo crea que é importante nestes momentos tan difíciles e, polo outro lado, explique que traballos realiza esta persoa e reflexione sobre a súa importancia. Con estes debuxos, posteriormente, faremos un gran mural, que incluso pode extenderse grazas a colaboración doutros mestr@s e incluso doutros centros.

**BLANCA (os demais se queredes tamén podedes facelo de maneira voluntarioa): aproveitando que estivemos a traballar os sentimentos e emocións, pola parte traseira ou nun folio diferente, gustaríame que expuxeses os sentimentimentos e emocións que despertan en ti nestes momentos e por que.

 

LENGUA E LINGUA

 

 Adxunto pdf con actividades de repaso e novas, para estes días. Se alguén ten algunha dúbida , no pdf tamén está o email.

 

Un abrazo para todos.

25/03/2020    

Boa tarde. Como xa vos comuniquei con anteioridade polo ABALAR, a partir de agora cambiaremos a maneira de facervos chegar as actividades e contidos. A partir de agora só teredes que pinchar sobre as distintas áreas e remitiravos a unha nova páxina da xunta con todo o traballo estructurado.

OLLO!: na parte superior dereita existe unha opción para cambiar de páxina en algúns casos.

 

CIENCIAS DA NATUREZA                     CIENCIAS SOCIAIS                                EDUCACIÓN ARTÍSTICA                    KAHOOTs

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
LENGUA Y LINGUA 3º.pdf5.63 MB