Actualidade

Información

 

Listaxe oficial libros de texto para o curso 2019-2020. +info.

Información último día lectivo. +info.

O luns 17 de xuño faremos unha saída a Fervenzaventura. + info.

Saída á Casa Museo Manuel María. + info.

Axudas libros de texto e material escolar 2019-2020. +info.

O día 16 de maio o alumnado de todo o colexio irá ao Couto con motivo das Festiletras a unha actividade sobre aves.

O día 14 de maio o alumnado de primaria irá ao Couto con motivo das Festiletras a unha actividade do CGAC.

Xornada horto escolar. +info.

Información sobre a avaliación individualizada de 3º EP. +info.

Xa temos asfaltada a pista de entrada ao colexio. O noso agradecemento ao Concello de Ponteceso e á ANPA. +info.

As vacacións de Semana Santa van dende o 13 ao 22 de abril. Retorno ás aulas o martes 23.

O día 26 iremos a Dombate a facer obradoiros sobre a idade de pedra.

O día 24 teremos, grazas ao concello, ao contacontos Caxoto no colexio. + info.

O día 23 Día do Libro realizaremos unha lectura apadriñada entre o noso alumnado.

O vindeiro día 12 de marzo, no Edificio das Escolas de Ponteceso, celebrarase un concerto conxunto co CEIP Eduardo Pondal. + info.

As vacacións de Entroido son do 2 ao 6 de marzo. O xoves 7 todo o mundo de volta na escola.

O día 1 de marzo celebramos o desfile de Entroido. Haberá queima do meco e sesión de fotos no porto. 11:30-12:15.

A partir do día 1 de marzo e ata o 20, está aberto o período de admisión para solicitar praza  para o curso 2019-2020. + info.

A partir de hoxe día 23 de xaneiro temos un aparcadoiro de bicicletas para o alumnado que queira vir en bicicleta á escola.

Exposición Leandro Lamas. + info.

Vacacións de Nadal +info.

Semana da Ponte +info.

Xustificante de donación de UNO ENTRE CIEN MIL. +info.

O día 6 de novembro celebramos o Magosto. + info.

Recadamos coa carreira solidaria 170.65 euros.

Hora da carreira solidaria contra a leucemia infantil. + info.

Carreira Solidaria para combater a leucemia infantil. + info.

Samaín 2018. + info.

Eleccións ao Consello Escolar. + info.

Reportaxe sonrisa escolar. + info.

Apertura da biblioteca escolar en horario de tarde. + info.

Comeza o curso escolar para educación infantil e primaria. + info.

 

Curso 2018-2019

 

A escola ofertará, se ten disponibilidade, a posibilidade de prestar libros de texto a quen non os obtivera na adxudicación oficial.

Lista de adxudicación fondo de libros. + info.

Listado de libros de texto para o curso 2018-2019. + info.

Fotografías do Proxecto Terra. + info

Xa se pode pasar pola escola para recoller os vales de axuda para libros de texto e material. + info.

Matrícula para o curso 2018-2019. + info.

Axudas para libros de texto e material. + info.

Resultado das votacións positivas en Corme e Ponteceso. Haberá xornada única de mañá para o curso 2018-2019.

Xornada única. + info.

Saída ao Couto 18 de maio. Festiciencia. + info.

Avaliación 6º de primaria. + info.

Avaliación 3º de primaria. + info.

Información sobre a xornada única. +info.

Xornada de Atención á Diversidade. + info.

Concurso Pontenasondas.+info.

O día 5 de abril sairemos a Vigo onde visitaremos, subvencionados polo concello, o Museo de Mar e o barco oceanográfico Sarmiento de Gamboa.

O último día de vacacións de Entroido é o día 14, así que o 15 de febreiro voltamos á escola.

O venres día 9 de febreiro, celebraremos o noso desfile de Entroido pola vila. Só haberá colexio pola mañá (10:15 a 13:15).

Rerseva de praza para IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Clica aquí.

As vacacións de Nadal son do día 22 de decembro ao día 7 de xaneiro (ambos incluídos).

O día 21 de decembro, teremos o tradicional Festival de Nadal, ao que estades todos invitados.

O día 20 de decembro, haberá un concerto didáctico para os alumnos e alumnas, a cargo do grupo Iulius XIII.

O día 19 de decembro, visitará o colexio o Apalpador.

O pasado día 1 de decembro visitamos o MELGA. Ver fotos.

Podedes ver aquí o listado de libros de texto para o curso 2017-2018.

Curso 2017-2018

 

Admisión 2017-2018. Podes consultar a lexislación clicando neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasforcadas/node/4

Agradacemento da empresa de recollida de roupa usada. Clica.

Activamos o protocolo por caso de meninxite. Clica sobre: "Medidas preventivas" ou "Información"

A partir do luns 3 de outubro cambiamos ao habitual horario de xornada partida (10:15-13:15 e 15:15-17:15).

Listado de libros de texto para o curso 2016-2017. VER

 Curso 2016-2017 

 

Xa podedes ver as fotos do Magosto e Entroido.

O día 29 de maio, o faremos a nosa saída de fin de curso ao centro de protección e coidado de animais Marcelle.

Pola semana das letras galegas, fixemos varias saídas a Biblioteca municipal onde o noso alumnado ao completo poido disfrutar de actividades moi lúdicas.

O 13 de febreiro celebramos o tradicional desfile de Entroido polas rúas da vila. O tempo non quixo axudar e grazas a carpa da comisión de festas poidemos estar a cuberto. O peor foi que non se poido queimar o meco e houbo que deixalo para a seguinte semana e xa no colexio.

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Os grupos de alumnos/as de 3º a 6º fixeron manifestos en prol da concordía mundial. Todos bailamos coa canción O xogo da Carrasquiña e tamén soltamos tres pombas mensaxeiras.

A partir do mes de outubro abre a biblioteca escolar. O noso alumnado poderá coller en préstamo libros que poderán levar a casa polo prazo máximo de dúas semanas. Durante o tempo de recreo tamén se poden coller libros para ler na propia biblioteca. Agradecemos un ano máis a colaboración dos alumnos e alumnas dos cursos máis altos para axudar no funcionamento da biblioteca do colexio.

O día 1 de outubro comeza a xornada de mañá e tarde co horario habitual de 10:15 a 13:15 e de 15:15 a 17:15.

O día 11 comeza o curso 2014-2015 . Esperamos que sexa un bo ano escolar para todos/as e que aprendamos xuntos moitas cousas.

 Curso 2014-2015 

 

O vindeiro día 20 de decembro, estades todos invitados a participar no noso festival de Nadal. Haberá actuacións dos vosos fillos/as e recibiremos as súas maxestades os Reis Magos de Oriente.

O día 6 de novembro, un ano máis celebramos o Magosto. Fixemos xogos coas castañas, e logo comemos unhas poucas.

O día 30 de outubro celebramos o Samaín. Fixemos unha exposición de cabazas e cantamos cancións de medo.

Relación libros de texto curso 2013-2014.

 Curso 2013-2014 

 

O día 8 de febreiro faremos se o tempo o permite o tradicional desfile de Entroido polas rúas da vila.

Este ano iremos disfrazados de bombeiros en homenaxe aos que nos viñeron axudar a facer o noso simulacro de incendio.

O día 2 de novembro non será lectivo por estar marcado no calendario escolar da Consellería de Ed e O U como Día do Ensino.

Nos martes do mes de outubro haberá actividades na fundación Eduardo Pondal dentro do programa do Outono Pondaliano.

Comeza o curso escolar.

As clases comezan o día 12 de setembro.

O horario do 1º día será de 11 a 12 h.

Collen o transporte 15 minutos antes nas paradas de costume.

Podes ver aquí o material escolar para o 3º curso de primaria.

Programa de Gratuidade dos Libros de Texto (PGLT): o prazo para entregar a solicitude remata o 2 de xullo.

Matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Pódense descargar os impresos neste enlace ( ) ou ben recollelos na secretaría do colexio.

O día 1 de xuño comezamos o horario de mañá, que será de 9:30 a 14 horas

Os alumnos e alumnas de 4º de EP xa fixeron as probas da avaliación de diagnóstico.

Xa temos á vista a semana das Letras Galegas.

Visitará o noso colexio o escritor Xoan Babarro.

Ver programa.

Comezamos o último trimestre de curso e esperamos que todos academos os obxectivos previstos.

Na semana do 20 ao 26 celebramos o día da árbore, plantando algún castiñeiro no recinto do colexio.

O día 17 de febreiro celebraremos a nosa tradicional festa do Entroido.

Xa estamos a fabricar os nosos disfraces de Entroido.

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

O día 21 de decembro celebraremos o noso tradicional festival de Nadal.

O día 19 de decembro asistiremos ao teatro a ver "Merlín" a cargo dos Quinquilláns.

O día 13 de decembro ás 12 horas na Casa de Pondal, participaremos nun acto no que cantaremos o himno galego.

Xa están expostas as fotografías do concurso "A miña vila a miña xente".

Recordamos que o mércores 12 de outubro é festivo nacional e polo tanto non é día lectivo.

Recordámoslle ós pais/nais que cando saquedes os fillos/as tendes que cubrir na conxersería un papel onde queda constancia deste feito.

A Consellería de Ed e O U en colaboración co 061 crearon un programa de atención individualizada a nenos con determinadas enfermidades co título "Plan Alerta Escolar".

Tendes toda a información neste enlace:http://www edu xunta es/web/node/371