Exteriores e ximnasio

Os exteriores do colexio supoñen máis do triplo do espazo que ocupan os edificios. Esta ampla extensión permite aos nosos alumnos e alumnas dispor dunha área de xogo envexable para moitos outros centros educativos e en especial para os das cidades.

O patio de xogo está equipado con elementos deportivos tales como mesa de  pinpon, portarías e canastras que permiten a adquisición de hábitos e capacidades físicas que tanta importancia teñen nunha sociedade cada vez máis sedentaria e tamén de material lúdico que permite desenvolver o xogo infantil tan importante no desenrolo persoal e social.

Mención á parte require o espazo destinado ao alumnado de educación infantil, pois ademais de estar rodeado dunha rica variedade de especies arbóreas, dispón dun areeiro e instalacións recreativas (tobogán e balancines) que fan as delicias de todo neno ou nena desta idade.

PRIMARIA

Patio da entrada

Pista entre edificios

Pista de atletismo

INFANTIL

Patio cuberto

Campo con arenero

XIMNASIO

Para as actividades de EF

Para a celebración dos festivais