Skip to Content
Balea s/n O Grove (Pontevedra) CP:36988 Tfno: 886 151 972 ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

O CENTRO RECIBE O RECOÑECEMENTO DISTINTIVO VIOLETA

Luns 30 de xaneiro de 2023

A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero certificou que o noso centro educativo superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.

 

 

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

- Contextualización legal segundo o Decreto de Educación Primaria en Galicia - 

Dende a área de Educación Física, gustaríanos mostrar un breve resumo das indicacións de promoción de estilos de vida activo e saudable indicados polo Decreto 155/2022 polo que se establece o currículo de Educación Primaria en Galicia.

É a nosa labor como centro educativo fomentar os hábitos saudables no alumnado.

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

PLAN DIXITAL

Estimadas familias

 

Achégase adxunto o Plan Dixital do Centro.

 

 

CIRCULAR A.N.P.A

Estimadas familias,

Podedes consultar nos documentos adxuntos información relativa á A.N.P.A. trala reunión mantida o martes 27, así como o documentos de inscrición para ser socio/a.

MODIFICACIÓN DAS CONCRECIÓNS CURRICULARES

Estimadas familias

 

Como consecuencia do cambio de normativa debido á publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, actualizáronse as Concrecións Curriculares no centro educativo. Podedes acceder a dito documento pinchando no enlace adxunto.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

 

O horario de atención do equipo directivo ás familias para o curso 2021-2022 será o seguinte:

 

LUNS: 8:40 - 9:25/ 12:50 - 13:40

MÉRCORES: 12:50 - 13:40

XOVES: 12:50 - 13:40

VENRES: 12:50 - 13:40

CARTA DA ANPA: USO DO COMEDOR

Martes 21 de setembro de 2021

IMPORTANTE!

Estimadas familias:

No documento adxunto poden consultar ou descargar a información achegada pola ANPA en relación ao emprego do servizo de COMEDOR.

Poden aclarar dúbidas:

  • Por email: asbizocasgrove@gmail.com
  • Deixando unha mensaxe no buzón do colexio
  • Poñéndose en contacto con algúns dos membros da ANPA

SAÍDA DÍAS DE CHOIVA

Estimadas familia

 

os días que a choiva impida que o alumnado vaia camiñando ata a saída do recinto para a recollida do alumnado polas persoas autorizadas, estas poderán acceder pola porta norte ata a porta do centro.

 

Un saúdo.

 

DESCARGA ABALAR: COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Estimadas familias,

 

espazoAbalar é unha plataforma da Consellería empregada para a comunicación coas familias.

Por iso, será a ferramenta utilizada dende o centro para as comunicacións puntuais que poidan levarse a cabo.

Preme no seguinte enlace para obter información e como poder descargala.

espazoAbalar : abalarMóbil (xunta.gal)

 

Para calquera dúbida podedes contactar co centro.

 

Un saudo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut