Skip to Content

Actividades complementarias

RECICLAXE NO COLE!

Púxemos en marcha no centro un plan de reciclaxe e concienciación do alumnado para clasificar os materiais que botamos no lixo.

 En tódalas aulas e dependencias do centro colocáronse papeleiras de cores para que se boten os materiais de xeito clasificado.

 Na entrada do centro contedores para recollida de pilas e tapóns de plástico (para o banco de tapóns).

 Nos patios do centro dispomos de papeleiras e contedores, tamén das cores de reciclaxe, para poder facer neles a clasificación correspondente. E para reciclar os residuos orgánicos, tanto do  comedor escolar como dos alumnos, está funcionando un composteiro.

 

Contamos coa colaboración do concello que nos aportou os contedores e o composteiro.

Para coordinar as tarefas de seguimento creouse a “ECOPATRULLA A SANGRIÑA”, formada por alumnos do centro que, de xeito rotatorio, que son  os encargados de explicar o funcionamento e de supervisar que se faga a reciclaxe de forma correcta, tanto nas aulas como nos patios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut