O mércores 31 celebramos o Samaín no cole.
Foi unha mañá moi intensa na que o pasamos terroríiiiificamente ben. Comezamos a mañá entrando no cole as escuras … coas cabazas iluminadas e música terrorífica…
A continuación fixemos as fotos de grupo
De seguido, visitamos a exposición de cabazas marabillosamente decoradas.
Seguimos celebrando a festa, ahora desfrutamos do conto “A bruxa regañona” cuns contacontos estupendos: Codia e Miolo.
E chegou o momento de repor fozas! Merendamos unha comida riquísima que trouxeron os nenos de 3º.
Agradecémosvos a colaboración prestada.
Pero... aínda queda a actividade máis esperada. Estade atentos, en nada descubrirédela!!!