Skip to Content

OS NENOS DE 3 ANOS NA GRANXA ESCOLA CORAZÓN DE CARBALLO

O PASADO MARTES 8 DE MAIO OS NENOS E AS NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, VISITARON A GRANXA ESCOLA MUSICAL, CORAZÓN DE CARBALLO EN TOMIÑO. AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTIÑOS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!! ESPERO UE VOS GUSTE!!!

 

LETRAS GALEGAS 2018

Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, 2017, María Victoria Moreno, así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para todos os cursos de educación primaria e educación infantil.

 

Menú maio 2018

O coro do cole en OURECANTO

Hai proxectos que se fan realidade, como neste caso, con resusltados óptimos.

Noraboa ao coro do colexio, do que nove alumnos, valentes, cantareiros, representaron ao CEIP A SANGRIÑA en OURECANTO, que se celebrou na cidade de Ourense os días 7 3 8 de abril.

Neste encontro coral, dirixido por Josu Elberdin Badiola, participaron quince escolas, dúas da provincia de Pontevedra.

Mirade como aconteceu!

 

 
Seguro que queredes escoitalos, verdade? 

 

Parabéns  para a profe Rosa e para os cantores!!!!!

Visitounos Antonio García Teijeiro!!!



Tivemos o privilexio de coñecer en vivo e directo ao autor Antonio García Teijeiro.


Durante varias semanas estivemos traballando o libro "Poemar o mar" Foi un libro que nos encantou polas súas poesías cargadiñas de sentimentos, emocións ....


Sabiamos que Antonio García Teijeiro ía vir a visitarnos e decidimos investigar sobre a súa vida e obras. Descubrimos que este libro pertencía a unha triloxía sobre o mar.


Queriamos facer algo especial para el, e así foi como xurdiu a idea de ilustrar as súas poesías e facer un libro xigante. 

 

E por fin chegou o día!!!

Que nerviosos estabamos!

Recibímolo na biblioteca, e escoitámolo con moito interese.Contounos unha morea de cousas e participamos nas actividades que nos fixo. Quedamos encantados!!! Eres único!
Graciñas Antonio, foi unha experiencia que non esqueceremos nunca. 

Clicade na imaxe e veredes o resumo que se publicou no blog da biblioteca

Máis imaxes e vídeos






Menú abril 2018

Menu especial 23 de Marzo

Menú esspecial

Menú Marzo 2018

Menú de marzo

Dobre sorpresa no cole!!!

 

Comezamos a semana da Muller traballadora!

 
Xa vos anunciaramos unha sorpresa para este mes, verdade?
 
Hoxe foi o día de desvelala: Unha dobre sorpresa porque era para vós e tamén para unha muller moi coñecida por todos : 
                         
                                  MARÍA SALINAS
 
Pero, por que era sorpresa para ela?
 
Porque  o seu compañeiro de andanzas BERTO PIRATA, tróuxoa enganada dicíndolle que ían a Portugal, a un sitio moi especial, pero debía ter os ollos  tapados por un anteface


Cal era o motivo para traela ao cole?

 
El quería  darlle esa alegría, de volver ao cole onde foi a nosa mestra de inglés moitos anos, xa que sabe  que María sente este centro como o seu cole preferido.

 



Tamén quería  que María xunto con el, nos presentaran o 
 
libro  de relatos curtos que escribiron os dous con fins 
 
solidarios: ELEFANTES DE PAPEL

 

 
 
 
 
Como se sentiu cando lle quitaron o anteface e descubriu a pequena mentira?
Vímola moi sorprendida, nerviosa, emocionada e supercontenta. 



 

Primeiro chorou, logo abrazouse a Berto e despois  quería falar connosco pero non podía, comezaba a chorar. Algúns de nós choramos con ela.

Como se desenvolveu a sorpresa?


Pouco a pouco María foise relaxando e xunto con Berto foron presentándonos o libro.



E coa morea de preguntas que lles fixemos... 
 
Fomos descubrindo  como e cando o  idearon, cal é o seu relato favorito, porque  é de relatos curtos, quen foi o ilustrador, unha particularidade especial do libro: pódese ler desde o inicio en galego e se damos a volta en castelán, cada un deles leunos un relato,o  que fan coas ganancias do libro  que son nada máis e nada menos que axudar a ONG.
 
 
Esta foi unha pregunta con resposta xenial!
Porque na portada e contraportada ten un quebracabezas? A resposta foi:
" A  vida  é un quebracabezas e hai que quedarse coas mellores pezas"
 
Durante a presentación, animounos a perseguir cada un dos nosos soños, porque se queremos podemos conseguilo.
 

Despois démoslle un abrazo colectivo e 
 
 



Unhas fotos de grupo para o recordo.
 









Para rematar,  dedicáronnos e asinaron o libro para que poidamos desfrutalo na biblioteca.
 
 
Grazas María e Berto!!!  

OS NENOS DE 3 ANOS BAILAN " TROGLODITAS"

AO LONGO DESTE TRIMESTRE OS NENOS E AS NENAS DE 3 ANOS FIXERON UN PROXECTO SOBRE A PREHISTORIA NO QUE FIXERON DENTES DE SABLE CON ARCILLLA, COLARES CON CONCHAS. BARRO, CANTARON CANCIÓNS RELACIONADAS CA TEMÁTICAS, ETC.

AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO CA CANCIÓN QUE APRENDEMOS A BAILAR E CANTAR. E UNHAS FOTOS DAS PINTURAS RUPESTRES QUE FIXEMOS NA NOSA COVA DA CLASE.

ESPERO QUE VOS GUSTE!!

Distribuir contido


by Dr. Radut