Simposio ILG 2019 Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Versión para imprimir
Bo día!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña estamos moi contentas de participar no Simposio ILG 2019 Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional o cal ten por obxectivo xeral “poñer en valor o patrimonio inmaterial e sensibilizar arredor da necesidade da súa recollida, protección, promoción e desenvolvemento, con especial atención ao patrimonio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” (http://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2019).
 
A nosa aportación non é máis que a mostra do traballo e esforzo do alumnado do noso colexio a prol da lingua galega. Cabe sinalar que a colaboración do equipo docente permitiu desenrolar esta actividade ao longo de tres cursos, conformando as tres fases da mesma.
 
É un orgullo para nós que durante o 5, 6 e 7 de novembro se atope o noso traballo exposto na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Clicando na imaxe, poden visualizar a nosa aportación, no apartado de pósters baixo o nome de “Obradoiro de escrita. Recolleita de palabras”
 
 
Con moito agarimo. O EDLG
 

AdxuntoTamaño
EDLG CEIP A Sangriña.pdf2.01 MB

Powered by Drupal - Design by artinet