A SANGRIÑA PARTICIPA NA MARCHA VERDE!!

Versión para imprimir

O PASADO 27 DE SETEMBRO HOUBO UNHA FOLGA MUNDIAL POLO CAMBIO CLIMÁTICO. NA GUARDA OS CENTROS QUE PARTICIPAN EN VOZ NATURA DECIDIRON QUE OS NENOS E AS NENAS DEBERÍAN APOIAR DITA FOLGA, POR ISO PREPARAMOS UNHA MARCHA VERDE DENDE CADA CENTRO CON PANCARTAS FEITAS POR ELES ATA CASTELO DE SANTA CRUZ.

DEBIDO A CHOIVA TIVEMOS QUE APLAZALO ATA O VENRES 4 DE OUTUBRO, E CON MOITA ILUSIÓN NENAS E NENOS PERCORREMOS O CAMIÑO  CAS NOSAS CAMISETAS E AS NOSAS PANCARTAS ATA O CASTELO DE SANTA CRUZ  E UNHA VEZ ALÍ,  CADA CENTRO EDUCATIVO (SANGRIÑA, SINDE, SOLAS E AVELAÍÑA) LEEU UN PEQUENO MANIFESTO E FIXO UNHA PLANTACIÓN DE LANRAS EN CALZADO VELLO. E PARA REMATAR TIVEMOS UN MINUTO DE SILENCIO POLO PLANETA E CANTAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN DE VERANO AZÚL "NO MATEIS MI PLANETA, POR FAVOR".

E COMO PECHE DA XORNADA FIXEMOS UNHA MERENDA CONXUNTA CO OBXECTIVO DE XERAR "RESIDDUOS 0" E TIVEMOS UNHA CONVIVENCIA CON NENOS E NENAS DE OUTROS CENTROS.

EN RESUMO, UN DÍA MOI ESPECIAL QUE ESPEREMOS QUE SERVA PARA CONCIENCIAR AOS NOSOS PEQUENOS DA IMPORTANCIA DE COIDAR O NOSO PLANETA. AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO CON ALGUNHAS DAS FOTOS DA XORNADA. ESPERO QUE VOS GUSTE!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet