Apertura do prazo de inscrición das Deporte Escolas 2019-2020 da Deputación de Pontevedra (gratuítas)

Versión para imprimir

“Deporte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

Formalización da inscrición

A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. (por exemplo ORAL)

Prazo de presentación de solicitudes

Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

• 1.o prazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019

• 2.o prazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na seguinte páxina web https://www.depo.gal/deporte-escolas

Modalidades Deporte Escolas na Guarda

• Baloncesto – no IES A Sangriña – os mércores de 16:00h a 18:00h.

• Patinaxe – no Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Luns, de 17:00h a 18:00h (nados no 2009 ao 2014)
Luns, de 18:00h a 19:00h (nados no 2003 ao 2008)

• Atletismo – No Pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde – os venres de 16:30h a 18:00h.

Máis información na OMIX do Concello da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Powered by Drupal - Design by artinet