COMEZAMOS UN NOVO CURSO CON MOITAS NOVIDADES!!

Versión para imprimir

ESTE CURSO COMEZAMOS CON MOITAS NOVIDADES, A PRIMEIRA DE TODAS É QUE TEMOS UN NOVO EQUIPO DIRECTIVO, FORMANDO POR ISABEL LOMBA ALONSO (MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL)E  LINDA RODRÍGUEZ SANTOOKE  (A NOSA MESTRA DE INGLÉS) QUE XUNTO CO NOSO QUERIDO E RESPETADO PROFE GIL (MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA) TRABALLARÁN NA PROCURA DUN COLE MELLOR.

 

OUTRA DAS MELLORAS E DOS CAMBIOS NESTE CURSO, É QUE POR FIN TEMOS BAÑOS NOVOS NO TERCEIRO PISO!! ALGO SOLICITADO NO CURSO PASADO TANTO POLA ANTIGA DIRECTORA COMA POLA ANPA ATALAIA. AS OBRAS AÍNDA NON REMATARON PERO NUN POUCOS DE DÍAS ESTRÁN LISTOS.

 

E CONTINUANDO CO PROXECTO "UN PATIO CHEO DE VIDA" E GRAZAS A AXUDA DO CONCELLO CONTAMOS CUNHA NOVA ENTRADA AO CENTRO, ANTES CHEA DE BURATOS E AGORA CON CEMENTO PULIDO, XA É OUTRA COUSA!! PODEREMOS CORRER E XOGAR SEN CAER NOS BURATOS QUE ANTES ALÍ SE ATOPABAN; E TAMÉN NOS DÍAS DE INVERNO NON NOS MOLLAREMOS NESES ENORMES CHARCOS QUE TANTO LLES GOSTABA AOS PEQUENOS DO COLE. TAMÉN ESTÁN A PIQUES DE REMATAR AS DÚAS MONTAÑAS QUE SERVIRAN PARA XOGAR, SUBIR, BAIXAR E DIVERTIRSE. NUNHA DELAS SE LLE INCORPORARÁ UN TOBOGÁN CUNHAS NEUMÁTICOS A MODO DE ESCALEIRA PARA O DISFRUTE DOS NOSOS NENOS E NENAS.

 

Powered by Drupal - Design by artinet