FESTIVAL FIN DE CURSO 2019

Versión para imprimir
xx 

A piques de rematar o curso, como cada ano, hoxe fixemos o festival!
A temática deste curso é a mesma que a P.D.I. “Vive o Camiño" nela descubrimos o Camiño Portugués pola costa.
 
Comezamos a actuación representando GALITRONIC Ao mesmo tempo que uns alumnos pintaban a catedral de Santiago ( que sería a decoración de todo festival) outros facían o baile.
 
 
 
E chegan os pequerrechos do cole,os nenos de tres anos!
 

 

 
 
Interpretaron acompañados das cunchas  a peza musical ANDANDO,  fixérono xenial!!!
 
 
Con claves, caixas chinesas, carilón, metalófonos, pratos, frautas, pandeiros e triángulos, 33 alumnos de todos os cursos de primaria interpretaron estupendamente O SON DO CAMIÑO
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A peza tan coñecida como  A SANTIAGO ME VOY, foi interpretada e bailada formidablemente polos alumnos de 4 e 5 anos.
 

 

E o coro do cole non podía faltar! 
Interpretaron dúas pezas que nos deixaron apanpados do ben que o fixeron.
 
  • ANDIVÉCHESTE ALABANDO
  • TIEMPO CON TIEMPO

 

 

 

 
Non podía faltar algo medieval!  33 alumnos mesturados de primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto de primaria, interpretaron o ROMANCE DE  DON GAIFEROS DE MORMALTÁN
 

 

 

 

 
E coma en toda celebración sempre hai unha sorpresa! 
 
 
E… aquí a temosss. MI TIERRA, nela participan 29 alumnos  de todos os cursos de primaria e A PROFE ROSA como parella de IVÁN!!!
 

 

 

 
 
Foi unha actuación que nos engaiolounos a todos!!!
 
De seguido, algo máis relaxado: CANTIGA Nº 100.
 
 
No escenario, paos chinese, crótalos, frautas,metalófono, bombo,pandeiros, triángulo e , 45 compoñentes de primaria con  Rosa ao piano interpretaron a obra  esplendidamente.
 
 
E para rematar, os alumnos de 6º de primaria, quixeron dedicarnos un baile coa música I GOTTA FEELING como a súa despedida do cole.
 
 

 

 

 

 

 
Foi unha xornada chea de nervios, pero coa que desfrutamos unha morea.
 
E esta foi a respostas dos alumnos e profes o rematar o festival
 
RO- SA! RO- SA! RO-SA! 
 
Grazas Rosa por esta marabilla de festival!!!
 

 

Powered by Drupal - Design by artinet