Teatro: espantallo amigo

Versión para imprimir

O equipo da biblioteca  en colaboración coa  Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro  ESPANTALLO AMIGO  de Xosé Neira Vilas.

Nesta actividade participamos os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria.

Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres. 

E... hoxe,  fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!

 
 

 

Esta representación é unha adaptación da obra. 




 
 
 

O espantallo que fixo o Tío Ramón, non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse  uns a outros e fosen amigos.

 


Cando acada o seu obxectivo, decide  iniciar unha viaxe aproveitan-
do o vento para ver o mundo. Desde  o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres. 
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado  para que poidan pasar un bo inverno.


Durante a representación houbo momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para pensar e reler o libro de novo.



 
 
Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!

Bótadelle un ollo ao vídeo!


Powered by Drupal - Design by artinet