SAÍDA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PARA VER AS OVELLAS DE TIAGO

Versión para imprimir

O xoves 1 de febreriro os nenos e as nenas de 3 anos foron a nave de Tiago para ver as súas ovellas e os años que lle naceran. Déronlle o bibe, colléronas, correron tras elas, etc. Pero tamén había un gran porco chamado Pepe ao que lle deron de comer berzas; e ademais do porco había dúas fermosas tartarugas, unha moi grande e outra pequeniña.

Aproveitando a saída e trala lectura do conto "Os bolechas na desenvocadura do Miño" fomos ao observatorio para ver se atopábamos ao Mazarico, ao igual que fixo Loli.

En resumo, un día fantástico, cheo de emocións e aventuras.

Aquí vos deixo un vídeo cas fotografías que fixemos, espero que vos guste!!! e moitas grazas a Antonio, ao papi de Tiago!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet